Félix Couchoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Félix Couchoro
Nacemento30 de xaneiro de 1900
 Ouidah
Falecemento1968
 Lomé
NacionalidadeTogo
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Félix Couchoro, nado en Ouidah (actual Benín) en 1900 e finado en Lomé en 1968, foi un escritor togolés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou nunha misión católica e exerceu como profesor dunha escola católica. En 1929 publicou L'Esclave na revista La dépêche africaine de París, a segunda novela publicada en francés por un africano.

De volta a África editou o xornal L'éveil Togo-Dahoméen ata 1935, crítico coa administración colonial en 1941 trasladouse a Togo e formou parte do Comité da Unidade Togolesa, formación nacionalista. En 1954 ten que se instalar en Ghana, regresou logo da vitoria nacionalista en 1960, e traballou para o Servizo Nacional de Información e publicou novelas por entregas no xornal Togo Presse

Obra[editar | editar a fonte]

  • L'Esclave, 1929
  • Amour de féticheuse, 1941
  • Drama d'amour à Anecho, 1950
  • L'héritage cette peste, 1963