Extintor
Aparencia
| Extintor | |
|---|---|
|
Subclase de
| |
|
Epónimo
| |
|
Uso
| |
| Persoas e organizacións | |
| Fontes e ligazóns | |
|
Descrito pola fonte
| |
| Wikidata G:Commons C:Commons |
Un extintor[1] é un equipamento de protección contra incendios que se emprega para extinguir ou controlar lumes pequenos en situacións de emerxencia. Non está deseñado para sufocar lumes descontrolados nos que haxa risco para o usuario.
Os extintores máis estendidos consisten nun recipiente cilíndrico de aceiro que contén un axente extintor a presión (auga, escuma, bicarbonato de sodio...). Cando se abre unha válvula, o axente sae por un tubo que se ten que dirixir cara a base do lume para apagalo. Xeralmente contan cun dispositivo que prevén a súa activación accidental, que debe ser desactivado antes de emprega-lo extintor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para extintor.