Exposición (fotografía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En fotografía, denomínase exposición á cantidade de luz que recibe o material fotosensible (en fotografía química) ou o sensor de imaxe (en fotografía dixital) para que se forme unha imaxe.

Matematicamente: exposición = iluminancia x tempo.

Como indica a fórmula anterior, a exposición mídese en lux segundo,[1]sendo logo unha combinación do tempo e o nivel de iluminación recibido polo material fotosensible.

Control da exposición[editar | editar a fonte]

Nunha cámara, o tempo de exposición queda controlado pola velocidade de obturación e o nivel de iluminación pola apertura do obxectivo. Estes dous últimos factores (velocidade de obturación e apertura) únense nun só número chamado valor de exposición, EV.

Exposición correcta[editar | editar a fonte]

A exposición correcta depende do como se queira fotografar. Unha aproximación a unha exposición correcta dánola a regra sunny 16: nun día soleado, cunha apertura f/16, obteremos unha exposición correcta cunha velocidade de obturación de 1/sensibilidade usada. Por exemplo, se empregamos unha sensibilidade ISO 100, e unha apertura f/16, unha velocidade de obturación axeitada sería 1/100 de segundo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leslie D. Stroebel et al. Basic Photographic Materials and Processes: Materials and Processes. Focal Press, 2000. ISBN 0-240-80405-8 p. 89

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]