Injun 5
Injun 5 / Explorer 40 | |
---|---|
Representación de Injun 5 | |
Tipo | Científico |
Organización | USAF |
Data de lanzamento | 8 de agosto de 1968, 20:12 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Scout B[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre, os cintos de radiación, as auroras e outros fenómenos xeofísicos.[2][6] |
NSSDC ID | 1968-066B |
Masa | 71,4 kg[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7959 km[1] |
Inclinación | 80,7 graos[1] |
Apoapse | 2491,0 km[1] |
Periapse | 686,0 km[1] |
Injun 5, tamén coñecido coa denominación Explorer 40, foi un satélite artificial da USAF xestionado pola Universidade de Iowa lanzado o 8 de agosto de 1968 mediante un foguete Scout B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea xunto co satélite Explorer 39.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Injun 5 foi o quinto satélite da serie Injun, deseñado, construído e xestionado pola Universidade de Iowa para a USAF, e lanzado tamén baixo o programa Explorer. A súa misión principal foi medir o fluxo de partículas enerxéticas na atmosfera terrestre, estudar as radioemisións de frencuencia moi baixa (VLF) na ionosfera asociadas co fluxo de partículas, estudar os electróns, protóns e partículas alfa atrapadas nos cintos de radiación, estudar os raios cósmicos e medir a temperatura e densidade de electróns e ións positivos de enerxía termal ou próxima a esta. Injun 5 estaba deseñado para aliñarse magneticamente co campo magnético terrestre. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías, pero un problema a bordo do satélite reduciu a cantidade dispoñible de enerxía procedente das células solares, limitando o período de tempo en que a grabadora de cinta de a bordo podía funcionar sen interrupción. Injun 5 foi desconectado entre o 31 de maio de 1970 e o 18 de febreiro de 1971, despois do cal foi encendido de novo. Deixou de funcionar definitivamente en xuño de 1971.[2][5][6]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Injun 5 levaba os seguintes instrumentos a bordo:[5]
- Analizador de enerxía diferencial para protóns e electróns de baixa enerxía (LEPEDEA).
- Receptor de VLF.
- Detector de partículas de estado sólido.
- Analizador esférico de potencial retardado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Explorer 40 (INJUN-5)" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (27 de marzo de 2013). "Injun 5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ "Letter dated 31 October 1968 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (68-25206): 2. 12 de novembro de 1968. Consultado o 27 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Explorer 40 / Injun 5" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IE C / Injun 5" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Injun" (en inglés). Consultado o 28 de abril de 2013.