Experimento Muón g-2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O anel g-2 chega ó seu destino final, a sala de experimentos do Fermilab, o 30 de xullo de 2014.
O anel g-2 chega ó seu destino final, a sala de experimentos do Fermilab, o 30 de xullo de 2014.

Levado a cabo no Fermilab, o Experimento Muón g-2 tenta determinar o factor g e outras propiedades dos muóns. A produción de muóns faise por aceleración de protóns que se aceleran ata velocidades superiores a 0,99 c e se fan chocar contra unha aliaxe de níquel, producíndose pións que na súa desintegración producen muóns, entre outros produtos. Os muóns son recollidos e separados mediante campos magnéticos, dirixíndoos ó experimento.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biron, Lauren. "How to make a muon beam". Symmetry Magazine (en inglés). Consultado o 2022-05-11.