Expedición de García Jofre de Loaísa
Aparencia
A expedición de García Jofre de Loaísa foi unha expedición marítima da coroa de Castela que saíu do porto da Coruña o 24 de xullo de 1525 co obxectivo de chegar ás illas das especias e reclamalas para a coroa de Castela. A nao Victoria regresou a España en 1536.
Frota
[editar | editar a fonte]A expedición estaba formada 450 mariños en sete naos e un pateche:
- Santa María de la Victoria, de 360 toneladas, ao mando García Jofre de Loaísa. Única nave en volver a España.
- Sancti Spiritus, de 240 toneladas, ao mando de Juan Sebastián de Elcano, como piloto maior da expedición e segundo xefe. Perdida no Estreito de Magalláns.
- Anunciada, de 204 toneladas, ao mando de Pedro de Vera. Desaparecida no Estreito de Magalláns.
- San Gabriel, de 156 toneladas, ao mando de Rodrigo de Acuña. Abandonou a expedición, volvendo a Baiona o 28 de maio de 1527.
- Santa María del Parral, de 96 toneladas, ao mando de Jorge Manrique de Nájera. Afundida en Cebú, Filipinas.
- San Lesmes, 96 toneladas, ao mando de Francisco de Hoces. Perdida nas Illas Molucas, destino descoñecido.
- Patache Santiago, de 60 toneladas, ao mando de Santiago de Guevara. Chegou as Golfo de Tehuantepec, México, o 25 de xullo de 1526.
Na expedición participaba Rodrigo de Triana, que foi o primeiro en avistar América na primeira viaxe de Colón. Como axudante de Elcano ía Andrés de Urdaneta, que chegaría a ser o maior cosmógrafo do seu tempo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |