Exército Verde (Rusia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Exército Verde, activo durante a guerra civil rusa, tivo as súas orixes en movementos nacionalistas, e constituía unha terceira forza distinguida do Exército Vermello e o Movemento Branco, que non se debe confundir co Exército Negro.

A guerra foi especialmente cruenta no sur de Rusia e en Ucraína[Cómpre referencia], onde a liña da fronte se desprazaba con frecuencia, alterando a vida civil. A cifra estimada de vítimas acada os sete millóns[Cómpre referencia].

Os continxentes máis grandes do Exército Verde foron as bandas de Ataman Grigoriev e o exército procomunista Kuban-Mar Negro (chamado tamén Exército Vermello-verde), con aproximadamente 15.000 tropas cada un, que loitaron contra o Exército Ruso de Voluntarios do xeneral Anton Ivanovich Denikin en 1919. Grupos paramilitares en Crimea uníronse en 1920 formando o Exército Rebelde de Crimea, que loitou xunto ó Exército Vermello contra o barón Wrangel.

A finais de 1920, os verdes disolvéronse: algúns para formar parte do Exército Vermello, e outros para unirse ó Exército Branco (os branquiverdes).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]