Ewart Horsfall
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1892 Liverpool, Reino Unido |
Morte | 1 de febreiro de 1974 (81 anos) Devizes, Reino Unido (pt) |
Educación | Magdalen College Eton College |
Actividade | |
Ocupación | remeiro |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Flying Corps (pt) |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Deporte | remo |
Participou en | |
1920 | rowing at the 1920 Summer Olympics – men's eight (en) |
1912 | rowing at the 1912 Summer Olympics – men's eight (en) |
Premios | |
| |
Ewart Douglas Horsfall, nado en Liverpool o 24 de maio de 1892 e finado en Devizes o 1 de febreiro de 1974, foi un remeiro británico, medallista olímpico en Estocolmo 1912 e Antuerpen 1920.
En Estocolmo formou equipo con Edgar Burgess, Leslie Wormwald, Sidney Swann, James Angus Gillan, Arthur Garton, Alister Kirby, Philip Fleming e Henry Wells (temoneiro) como membro do Leander Club, logrando a medalla de ouro en competición con outro equipo británico que representaba ao club New College.
En 1920 obtivo a súa segunda medalla, quedando segundo tras o equipo dos Estados Unidos, os seus compañeiros de equipo foron Guy Oliver Nickalls, Richard Lucas, Walter James, John Campbell, Sebastian Earl, Ralph Shove, Sidney Swann e Robin Johnstone (temoneiro).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Remeiros olímpicos do Reino Unido
- Nados en Liverpool
- Nados en 1892
- Finados en 1974
- Medallistas olímpicos en remo
- Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1912
- Remeiros nos Xogos Olímpicos de 1920
- Medallistas olímpicos polo Reino Unido
- Medallistas olímpicos de ouro polo Reino Unido
- Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1920