Evaristo Antonio Mosquera
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1834 Monforte de Lemos |
| Morte | outubro de 1894 Pontevedra |
| Actividade | |
| Ocupación | matemático |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Evaristo Mosquera.
Evaristo Antonio Mosquera Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1834 e finado en Pontevedra en outubro de 1894, foi un matemático e profesor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi profesor de Matemáticas do Instituto de Monforte de Lemos e catedrático dos institutos de Palencia (1871),[1] Ourense (1882) e Pontevedra (1887), do que foi nomeado director en 1891.[2] Foi redactor de La Constancia e La Perseverancia de Pontevedra e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Finou en Pontevedra en outubro de 1894.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Ábaco aritmético ó nuevo sistema de cálculo numérico en gran parte mecánico, menos laborioso y mucho más fácil, rápido y seguro que el usual, 1864.
- Memoria sobre un nuevo procedimiento para la extracción de las raíces cúbicas de los números enteros, 1872.
- Reductor métrico y diccionario metrológico español, inglés y norteamericano, 1876.