Evadne (filla de Ifis)
| Biografía | |
|---|---|
| Familia | |
| Cónxuxe | Capaneu |
| Fillos | Estênelo |
| Pai | Iphis |
| Descrito pola fonte | Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Na mitoloxía grega, Evadne era a filla de Ifis, un dos heroes que protagonizaron a guerra dos Sete contra Tebas.

Ifis casou con Capaneo [1], que tamén participou -e morreu- no fracasado intento de conquistar Tebas. Capaneo quixo entrar na cidade gabeando a muralla cunha escaleira pero Zeus matouno cun raio; isto fixo ver ós tebanos que Zeus estaba con eles, polo que se armaron de valor e saíron da cidade, facendo fuxir ós arxivos.
Cando se organizaron os ritos fúnebres polos xefes mortos na batalla, todos foron incinerados nunha gran pira excepto Capaneo, pois a tradición esixía que, ó ser morto por un raio, fose enterrado separado dos demais, nunha tumba valada. Pero entón, Evadne, a muller de Capaneo, botouse sobre a pira común e queimouse viva [2].
Evadne e Capaneo tiñan un fillo, Esténelo, que formou parte da expedición coñecida como os Epígonos, formada polos fillos dos sete capitáns mortos na anterior campaña. Neste caso, a guerra rematou coa toma e destrución de Tebas. Este Esténelo herdou o reino de Ifis, que morreu sen fillos vivos [3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Outra tradición di que Ifis e Capaneo eran irmáns.
- ↑ Outras fontes din que se queimou na pira do seu home.
- ↑ Os deuses castigaron deste xeito a Ifis por haber aconsellado a Polinices que subornara á muller de Anfiarao, Erifile, co colar de Harmonía. Anfiarao, coaccionado pola súa esposa, accedeu a ir á guerra e morreu na mesma.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Evadne |