Eusebio Zuloaga de la Prida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eusebio Zuloaga de la Prida
Nome completoEusebio Zuloaga de la Prida
Nacemento1880
 Madrid
Falecemento5 de febreiro de 1954
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Eusebio Zuloaga de la Prida, nado en Madrid en 1880 e finado en Bilbao o 5 de febreiro de 1954,[1] foi un enxeñeiro e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eusebio Zuloaga González e da súa terceira muller Dolores de la Prida Coya. Estudou Enxeñeiría Industral, pero dende moi novo dedicouse ao xornalismo. Foi director de El Castellano de Burgos e doutros periódicos de Santander e Valladolid. En 1911 trasladouse a Vigo para ser redactor xefe de Noticiero de Vigo[2] e despois dirixiu o xornal Vigo. Foi redactor de El Siglo Futuro e La Prensa de Buenos Aires. Fundou en 1934 El Diario Vasco de Donosti. Despois da guerra civil foi agregado de prensa en París e correspondente de ABC en Berlín e Roma. Nos últimos anos de vida pertenceu á redacción de La Gaceta del Norte de Bilbao.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1904 coa súa sobriña Dolores Magdalena Marcela Zuloaga Zabaleta e foi pai de Jesús María Zuloaga Zuloaga[3].

Notas[editar | editar a fonte]