Saltar ao contido

El Restaurador (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Restaurador

Editar o valor en Wikidata
Fundación1900
Lingualingua castelá
LocalidadeVigo
ISSN2660-1966
Na rede
HemBNE: 68415776
editar datos en Wikidata ]

El Restaurador foi un periódico editado en Vigo entre 1900 e 1913.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario Independiente, apareceu en novembro de 1900.[1] Periódico católico propiedade de Ramón Sinforiano Fernández que estivo dirixido por Manuel Reymóndez, Arturo Prieto Alcayna (1908), Claudio de Cabo e Juan Andrade Domínguez; os seus redactores eran Manuel Fernández García, Ramón Sinforiano Fernández, Juan Andrade Domínguez e José Martínez Pereira -que asinaba Jomape-, e o seu animador ideolóxico Manuel Vallejo, catedrático do seminario de Tui. Entre os seus colaboradores figurou Hermenegildo Calvelo. Dende xaneiro de 1907 cambiou o seu subtítulo por Bisemanario Católico de Vigo. En 1913 levaba como subtítulo Órgano oficial de la Comunión Tradicionalista, en la provincia de Pontevedra. Mantivo polémicas con La Lucha e Germinal. Cesou a súa publicación en xuño de 1913.

  1. El Lucense, 24-11-1900, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]