Eusebio González Pedreira
Eusebio González Pedreira | |
---|---|
Nacemento | 1916 |
Lugar de nacemento | Mosende |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eusebio González Pedreira, nado en Mosende (O Vicedo) en 1916, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Afiliado ao sindicato CNT de Viveiro. En marzo de 1937 botouse ao monte cando foi chamado a filas no exército franquista.[1] Xulgado por deserción e rebelión, foi declarado fuxido e en rebeldía. Integrouse no grupo Neira capitaneado por José Neira Fernández. En 1942 sumouse á disciplina do Partido Comunista. Pasou despois a integrarse no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández. O 13 de decembro de 1946 logrou marchar rumbo a Francia xunto a outros guerrilleiros na evasión do Santa Teresa.