Eugénie Grandet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eugénie Grandet
Ilustración da edición de 1897
por Daniel Hernández
Título orixinalEugénie Grandet
Autor/aHonoré de Balzac
Ilustrador/aDaniel Hernández Morillo
OrixeFrancia
Linguafrancés
ColecciónLa Comédie humaine
Xénero(s)Novela
EditorialMadame Béchet – Charpentier – Furne
Galicia Biblos Clube de lectores
Data de pub.Francia 1833
Galicia 2005
Páxinas225
Precedido porUrsule Mirouët
Seguido porPierrette
TraduciónEmma Lázare Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

Eugénie Grandet é unha novela publicada en 1833 do autor francés Honoré de Balzac. Fala da miserie e de como se transmite de pai a filla, Eugénie, a través da súa insatisfacción amorosa co seu curmán. Como é común en Balzac, tódalas personaxes da novela son plenamente efectivos. Balzac concibe o seu ambicioso proxecto, La Comédie humaine, mentres escribe Eugénie Grandet e incopora nela a Comédie coa revisión dos nomes dalgunhas personaxes na segunda versión, que está adicada a Maria Du Fresnay, a súa amante e nai da súa filla Marie-Caroline Du Fresnay, e que máis tarde foi provada como a "auténtica" Eugénie Grandet.

Foi traducida ó galego por Emma Lázare Rodríguez e publicado por Biblos Clube de lectores no 2005. A tradución de Lázare gañou o Premio de Tradución Plácido Castro de 2003.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]