Eugenio Pazos Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugenio Pazos Pereiro
Nacemento1890
 Veigue
Falecemento1944
 Arxentina
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmercador e político
editar datos en Wikidata ]

Eugenio Pazos Pereiro, nado en Veigue (Sada) en 1890 e finado na Arxentina en 1944, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dono dun taller de carpintería en Veigue. Estableceu un comercio de Ultramarinnos en Sada, Casa Quintán. En 1934 foi nomeado correspondente do Banco de La Coruña en Sada, Bergondo e Oleiros[1]. Foi directivo de La Unión de Veigue (anos 10), da Asociación Popular de Defensa de Sada (anos 20), e presidente de La Unión Gremial Mercantil (anos 20 e 30), da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista (a principios dos anos 30) e da de Izquierda Republicana en 1934[2]. Pertenceu á directiva da Alianza de Esquerdas en Sada. Exiliouse na Arxentina. Foi expedientado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 10-4-1935, p. 12.
  2. El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]