Saltar ao contido

Eugenio Jáudenes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugenio Jáudenes
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1920 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 2004 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Actividade
Ocupaciónregatista Editar o valor en Wikidata
Deportevela Editar o valor en Wikidata

Eugenio Jáudenes Agacino, nado en Ferrol o 18 de xaneiro de 1920 e finado en Palma de Mallorca o 31 de xaneiro de 2004, foi un militar e regatista galego. Competiu nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Ferrol en 1920, elixiu a carreira militar ao igual que o seu pai, o capitán de navío Ángel Jáudenes Bárcena,[1] e nos anos 40 foi destinado a Palma de Mallorca.[2] Practicante de vela dende novo, comezou navegando na clase snipe, pasando logo á clase dragon, e gañando tres campionatos de España.[3] En 1968, xa con 48 anos e co grao de tenente coronel de Infantaría , participou nos Xogos Olímpicos de Cidade de México, onde disputou a proba da clase dragon con Ángel Riveras e Manuel Baiget, rematando na antepenúltima posición.[4]

Foi presidente do Real Club Náutico de Palma.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1946 coa mallorquina María de la Concepción Montaner, coa que tivo tres fillos: Concepción, Eugenio e Ángel.[2]

  1. "Ángel Jáudenes Bárcena". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mercer, Esteban (6 de decembro de 2019). "Hablamos con Martina Jáudenes, la ahijada del rey Felipe VI que revolucionó a la prensa sin quererlo" (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2021. 
  3. "Nueve gallegos en la Olimpiada". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 1968. p. 16. 
  4. "Clase dragon nos Xogos Olímpicos de 1968". olympedia.org (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]