Eugenia Astur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eugenia Astur
Eugenia Astur.jpg
Nome completoEnriqueta García Infanzón
Nacemento10 de marzo de 1888
 Tinéu
Falecemento10 de xaneiro de 1947
 Tinéu
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Enriqueta García Infanzón, nada en Tinéu o 10 de marzo de 1888, e finada o 10 de xaneiro de 1947, foi unha escritora asturiana coñecida polo pseudónimo Eugenia Astur. Procedía dunha familia vinculada coa fidalguía rural.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Atraída polas letras dende a súa mocidade, publicou crónicas, artigos xornalísticos e contos. Segundo Jesús Evaristo Casariego, que tratou con ela persoalmente, a primeira publicación de Eugenia Astur foi na revista La Lectura Dominical en 1916.

Colaborou con varios xornais, entre eles Región, xornal ovetense, ou La Prensa de Gijón. Posteriormente faríao en medios de comunicación madrileños tan como El Sol. Máis adiante, na súa madureza, colaboraría con La Estafeta Literaria e en Domingo.

Sen dúbida, o seu libro Riego, estudio histórico-político de la revolución del año veinte foi o que lle deu recoñecemento. O texto aparece datado en 1915, o prefacio leva a de 1931 e a súa impresión é de 1933. O libro imprimiuse na Escola Tipográfica da Residencia Provincial de Nenos de Oviedo e foi custeada pola Deputación Provincial de Oviedo. Contén un xuízo político de Miguel de Unamuno sobre o liberalismo e un prólogo de Miguel Maura. En 1984, a Consellería de Educación, Cultura e Deportes de Asturias editou unha edición facsimilar.

Obras[editar | editar a fonte]

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • Memorias de una solterona (1919). Novela de carácter autobiográfico.
  • La Mancha de la Mora (1929).
  • Rosina.
  • Flor del Claustro. Comedia teatral.
  • Riego, estudio histórico-político de la revolución del año veinte (1933).
  • La roca Tarpeya (1949). Editada postumamente pola su irmá Milagros.

Obras inéditas[editar | editar a fonte]

  • La Cruz de la Victoria.
  • Casamolín.
  • El último hidalgo.
  • Palacio Valdés y las mujeres de sus novelas.
  • El secreto de Budha.
  • Amoríos Reales.
  • Asturias en la revolución del año veinte.