Etra (esposa de Falanto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pausanias[1] fala dunha Etra, esposa de Falanto de Esparta, que fundou a cidade de Tarento seguindo un oráculo que augurara que o fixera alí onde sentise unha chuvia baixo un ceo sereo.

Falanto non lle fixo moito caso e marchou coas súas naves a Italia. Despois de intentar infrutuosamente conquistar varias cidades en Italia sen conseguir a posesión de ningún territorio, Falanto lamentouse ante a súa esposa de que Apolo vaticinaba cousas imposibles, como chover nunha noite clara.

Nese momento, Etra tiña a cabeza de Falanto sobre os seus xeonllos para catarlle os piollos e choraba en silencio ó ver fracasar os intentos do seu home, e as bágoas caían sobre a cabeza deste. Foi entón cando Falanto comprendeu o oráculo, pois Etra significaba 'ceo sereo, bo tempo', e fundou Tarento nese lugar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pausanias X, 10. 6-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]