Etéocles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eteocles»)
Eteocles e Polinices, por Giovanni Battista Tiepolo (1725–30).

Na mitoloxía grega, Etéocles (grego antigo: Ἐτεοκλῆς) era un rei de Tebas, fillo de Edipo e Iocasta e irmán de Polinices, Ismene e Antígona.

Ao saberen dos crimes do seu pai, el e Polinices negáronse a socorrelo cando foi desterrado, polo que Edipo maldíxoos.

Acordaron reinaren Tebas un ano cada un, de xeito alterno. Porén, acabado o seu prazo, Etéocles non lle quixo ceder o trono ao seu irmán. Daquela, Polinices, xunto con Adrasto (rei de Argos) e outros heroes, recrutou un exército e iniciou a expedición coñecida como Os sete contra Tebas. Nela, finalmente, Polinices e Etéocles déronse morte un ao outro.

Etéocles foi pai de Laodamante, quen tamén reinou Tebas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pausanias, Descrición de Grecia IX. 34.9, 36.1, 38.1.