Estudo aleatorizado controlado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un estudo aleatorizado controlado[1] (en inglés: 'randomized controlled trial') é un tipo de estudo científico utilizado en medicina. Trátase do procedemento preferencial nos experimentos terapéuticos, sendo frecuentemente utilizado para examinar a eficacia dunha abordaxe terapéutica nunha poboación de pacientes, ou para recadar informacións sobre efectos secundarios dun dato tratamento.

O termo "aleatorizado" refírese ao feito de que os grupos utilizados no experimento teñen os seus integrantes escollidos de xeito aleatorio. O termo "controlado" refírese a determinadas variables que son controladas, buscándose identificar a relación entre variables.

Exemplo[editar | editar a fonte]

Un estudo busca identificar a relación entre o uso de antidepresivos e a mellora da depresión. Dous grupos de pacientes son escollidos de forma aleatoria e divididos en A e B. O grupo A recibe antidepresivos, mentres o grupo B (grupo de control) recibe placebo (pílulas de fariña, por exemplo). Ao final de 2 meses avalíase a diferenza entre os dous grupos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O que é um estudo clínico randomizado?" (PDF). Medicina (Ribeirão Preto) (en portugués) 42 (1). 2009. Consultado o novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]