Un estudo en escarlata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estudio en escarlata»)

Un estudo en escarlata
Portada da primeira edición de 1887.
Título orixinalA Study in Scarlet
Autor/aArthur Conan Doyle
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónBiblioteca Galega de Clásicos Universais
Xénero(s)Novela
Editorial Ward Lock & Co
Galicia Edicións Xerais
Data de pub. 1887
Galicia 1986
FormatoTapas duras
Páxinas147 (gl)
ISBNISBN 84-8288-015-2
Seguido porO signo dos catro
TraduciónElena Baillie e Xavier Alcalá (1986)
Bieito Iglesias e Manuel Vázquez (1995 e 2005)
editar datos en Wikidata ]

Un estudo en escarlata[1] (en inglés: A Study in Scarlet) é unha novela de 1887 escrita polo autor escocés Arthur Conan Doyle. Esta historias supón a primeira aparición de Sherlock Holmes e do Dr. Watson, que se converterían na parella de detectives máis famosa da ficción. O título do libro deriva dun discurso que Holmes, un detective consultor, lle fai ó seu amigo e cronista Watson sobre a natureza do seu traballo, no cal describe a investigación da historia dun asasinato como o seu "estudo en escarlata": "Existe o fío escarlata do asasinato que atravesa a madeixa incolora da vida, e o noso deber é desentrañar, illar e expoñer cada centímetro del.."[2]

A historia e os seus personaxes atraeron pouco interese por parte do público na súa primeira aparición. Só se conservan 11 copias completas da revista na que apareceu a historia por vez primeira, Beeton's Christmas Annual, publicada en 1887, as cales teñen un valor considerable.[3] Malia que Conan Doyle escribiu 56 historias curtas sobre Holmes, Un estudo en escarlata é unha das catro novelas no canon orixinal. A novela foi seguida por O signo dos catro, publicada en 1890. Un estudo en escarlata foi a primeira obra de ficción con detectives que incorporou a lupa como ferramenta de investigación.[4]

Foi traducida ó galego por Elena Baillie e Xavier Alcalá e publicada pola Edicións Xerais no ano 1986 baixo o título Estudio en escarlata. Foi traducida por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez e publicada pola Editorial Galaxia no ano 1995 baixo o título Un estudio en escarlata.[5] No ano 2005, foi publicado de novo cunha tradución de Iglesias e Vázquez dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais, baixo o título Un estudo en escarlata.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Un estudo en escarlata. Traducido por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez (1ª ed.). Arteixo: La Voz de Galicia. 2005. ISBN 84-9757-190-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Conan Doyle, A. A Study in Scarlet, "Chapter 4: What John Rance Had to Tell"
  3. "bestofsherlock.com, ''Beeton's Christmas Annual 1887: An Annotated Checklist and Census''". Bestofsherlock.com. Consultado o 15 de setembro de 2012. 
  4. Sweeney, Susan Elizabeth (2003). "The Magnifying Glass: Spectacular Distance in Poe's "Man of the Crowd" and Beyond". Poe Studies/Dark Romanticism 36 (1–2): 3. 
  5. Un estudio en escarlata. Traducido por Bieito Iglesias e Manuel Vázquez (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1995. ISBN 84-8288-015-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]