Estrella Couso do Baño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstrella Couso do Baño
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1846 Editar o valor em Wikidata
A Pedreira Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata


Estrella Couso do Baño, nada na Pedreira (Padrón) o 17 de outubro de 1846, foi unha moza galega que acadou sona en 1859 por unha posible posesión diabólica. Trasladada á Coruña e examinada polos médicos, chegouse á conclusión de que se trataba dun caso de epilepsia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a sétima de oito irmáns, filla dun canteiro de Cuntis que se estabelecera en Padrón. Na primavera de 1859 apenas comía e tiña convulsións, polo que se comezou a sospeitar que a nena padecese unha posesión diabólica. O arcebispado de Santiago de Compostela autorizou a realización dun exorcismo, que se programou para o 27 de maio.

Ante as dúbidas de que se tratase dunha enfermidade mental e non dunha posesión, as autoridades civís interviñeron para favorecer que se suspendese o exorcismo. A nena foi traslada ao Hospital da Caridade da Coruña, onde evolucionou favorablemente e os médicos chegaron á conclusión de que se trataba dun caso de epilepsia.

Juana de Vega, en calidade de presidenta da asociación de señoras da beneficencia da Coruña, visitou a enferma no hospital e encargouse da súa curación. Unha carta súa datada o 16 de xullo informa da recuperación da nena, que nesa altura continuaba na Coruña. Ademais, móstrase moi crítica con aqueles clérigos que seguían a defender a posesión diabólica.

O suceso mostra o conflito entre as crenzas relixiosas e a ciencia, e por extensión os conflitos entre o poder civil e o poder relixioso. Seis anos antes fora xulgado Manuel Blanco Romasanta, coñecido como o lobishome de Allariz. A mediados do XIX existía tamén unha gran tensión entre as tendencias liberais e a confianza na ciencia que caracterizaban o pensamento burgués e as ideas políticas reaccionarias que seguían conformando o pensamento de amplos sectores da Igrexa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]