Estigma (dramaturxia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Estigma é unha peza dramática galega, escrita por Jacobo Paz, Vanesa Martínez Sotelo e Rubén Ruibal (DramA3), coa coordinación de Dani Salgado. Foi estreada polo Centro Dramático Galego en 2008 con dirección do coordinador e representada por Xavier Deive, Xosé Manuel Esperante, Clara Gayo, Vicente de Souza e María Tasende Cotelo.

Trama[editar | editar a fonte]

A acción sitúase nunha illa case deserta na que, trala erupción dun volcán, unha muller investiga unha masacre, dous irmáns enfrontan o destino que levan marcado na pel, unhas voces do pasado interfiren no presente dunha parella e, baixo a sombra duna figueira, aparece un descoñecido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]