Esteban Quiñones Nistal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEsteban Quiñones Nistal
Biografía
Nacementodécada de 1900 Editar o valor em Wikidata (114/124 anos)
San Cristóbal de la Polantera Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Esteban Quiñones Nistal, nado en San Cristóbal de la Polantera cara 1908, foi un mestre e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sobriño de Alfredo Nistal Martínez. Participou na creación do Círculo recreativo de San Cristóbal de la Polantera. Na Segunda República Española militou en Unión Republicana e foi xestor do Concello. Cando tiña 28 anos de idade produciuse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e o seu pai, Eladio Quiñones Blanco, foi asasinado por falanxistas. Foi mobilizado en 1937 para integrarse no exército franquista, pero desertou por temor a sufrir represalias. Primeiro agochouse nun tobo da súa su casa e despois fuxiu á Pobra do Brollón, onde a súa irmá Felicidad, tamén mestra, casara cun veciño de Nogueiras que pertencía a unha familia de labregos acomodados. Agochouse e salvou a vida coa axuda dos irmáns Gumersindo e Remedios de Vilarmao caseiros da familia do seu cuñado. Ás veces agochábase na súa casa, pero por precaución moitas noites ía ao Burato dos Mouros, a boca dunha antiga mina situada na aba do castro de San Lourenzo. Gumersindo cargaba con el para cruzar o río que tiñan que atravesar para chegar ao castro, para que non pasase a noite cos pés mollados.

En 1940 decidiu entregarse voluntariamente no goberno militar de Lugo. En xuño de 1941 o xuíz instrutor de Lugo considera que Esteban incorreu nunha falta grave de deserción en tempo de guerra, e imponlle un correctivo de catro anos de recarga no servizo militar. O 7 de marzo de 1942, e mentres o proceso segue o seu curso, decrétase a prisión atenuada no seu domicilio e despois prisión preventiva na cadea militar de León. Xulgado o 22 de outubro de 1942, acusado de auxilio á rebelión, foi condenado a cadea perpetua, que despois foille conmutada a doce anos de prisión. Cando saíu en liberdade vixiada foi desterrado e viviu en Cereixa. En 1945 foi indultado. Durante uns anos viviu de dar clase en Nogueira e despois empregouse como contable nunha empresa familiar do barrio da Estación, onde a súa muller coidaba dunha pequena granxa de porcos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Remedios, a muller que o acolleu en Vilarmao.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]