Saltar ao contido

Estatua da Unidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua da Unidade
Estatua da Unidade
Presentación
LocalizaciónDistrito de Narmada, Gujarat, India
Coordenadas21°50′17″N 73°43′09″L / 21.8380, 73.7191
EstruturaEncofrado de aceiro, formigón armado e revestimento de bronce[1]
Tipoestatua
Uso(s)cultural
Construción
Inicio31 de outubro de 2013
Remate31 de outubro de 2018
Dimensións
Altura182 m
Coa base: 240 m[1]
Equipo
EscultorRam V. Sutar
Estatua da Unidade en India
Estatua da Unidade
Estatua da Unidade
Estatua da Unidade (India)

A Estatua da Unidade é unha estatua adicada ó estadista indio e fundador da república Sardar Vallabhbhai Patel (1875–1950), no distrito de Narmada en Gujarat, a India. É a estatua máis alta do mundo, cunha alzada de 182 metros ou unhas catro veces a medida da Estatua da Liberdade.[2][3] Vallabhbhai Patel foi un dos máis salientables líderes do movemento de independencia da India, e o primeiro viceprimeiro ministro da India. A estatua atópase nunha insua fronte ó encoro de Narmada (tamén chamado encoro de Sardar Sarovar) preto de Rajpipla, a 100 quilómetros ó sueste da cidade de Vadodara.

O monumento e os seus arredores ocupan unha área de 2 hectáreas, e está arrodeado por un lago artificial de 12 km². Foi construído por Larsen & Toubro, que conseguiu o contrato por valor de ₹29,89 billóns (US$420 millóns) para o seu deseño, construción e mantemento en outubro de 2014. A construción comezou o 31 de outubro de 2014 e rematou a mediados de outubro de 2018. Foi deseñado polo escultor indio Ram V. Sutar,[4][5] e foi inaugurado polo Primeiro Ministro indio Narendra Modi o 31 de outubro de 2018, co gallo do 143 aniversario do nacemento de Patel.[6][7][8][9]

Alturas aproximadas dalgunhas das estatuas de máis sona:
1. Estatua da Unidade 240 m (incluíndo os 58 m da base)
2. Buda do Templo da Primavera 153 m (incluíndo o pedestal de 25 m e o trono de 20 m)
3. Estatua da Liberdade 93 m (incluíndo os 47 m do pedestal)
4. Estatua da Nai Patria 87 m (incluíndo 2 m de pedestal)
5. Estatua do Cristo Redentor 38 m (incluíndo 8 m de pedestal)
6. David de Michelangelo 5,17 m (excluíndo o plinto de 2,5m).
  1. 1,0 1,1 "Gujarat: Sardar Patel statue to be twice the size of Statue of Liberty". CNN-IBN. 30 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2013. Consultado o 30 de outubro de 2013. 
  2. Ashwani Sharma (1 de novembro de 2014). "14 Things You Did Not Know about Sardar Patel, the Man Who United India". Topyaps. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de maio de 2014. 
  3. "Gujarat: Statue of Unity expected to attract 10,000 tourists daily". 
  4. "All you need to know about Ram Vanji Sutar, sculptor behind the Statue of Unity, 50 other sculptures of politicians". firstpost.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  5. "Ram Vanji Sutar: Meet the Noida Sculptor Who Pored Over 2,000 Photos to Design Statue of Unity". news18.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  6. "PM Unveils Sardar Patel's 2,900-Crore Statue of Unity Today: 10 Facts". MSN. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  7. The Economic Times (ed.). "Sardar Vallabhbhai Patel's Statue of Unity inaugurated by PM Modi in Gujarat's Kevadiya". Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  8. "PM Modi inaugurates Statue of Unity: Why you should visit it this winter". India Today. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 
  9. The Times of India (ed.). "PM Modi unveils Statue of Unity on the banks of the Narmada". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]