Saltar ao contido

Vallabhbhai Patel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVallabhbhai Patel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1875 Editar o valor en Wikidata
Nadiad Editar o valor en Wikidata
Morte15 de decembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Bombai Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Ministro do Interior da India
15 de agosto de 1948 – 15 de decembro de 1950
← sen valor – Chakravarti Rajagopalachari →
Viceprimeiro ministro da India
15 de agosto de 1947 – 15 de decembro de 1950
← sen valor – Morarji Desai →
Nomeado por: Jawaharlal Nehru
Member of the Advisory Committee of the Constituent Assembly of India (en) Traducir
24 de xaneiro de 1947 –
Member of the Steering Committee of the Constituent Assembly of India (en) Traducir
21 de xaneiro de 1947 –
Membro do Comité Negociador da Asemblea Constituínte da India
21 de decembro de 1946 –
Membro da Asemblea Constituínte da India
6 de xullo de 1946 – 24 de xaneiro de 1950
Membro do Lok Sabha
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónMiddle Temple
City Law School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista, Barrister, economista, loitador pola liberdade Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Indio Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJhaverben Patel Editar o valor en Wikidata
FillosManiben Patel, Dahyabhai Patel Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Патель Валлабхаи) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1524543 WikiTree: Patel-789 Find a Grave: 215472560 Editar o valor en Wikidata

Vallabhbhai Patel, nado en Nadiad o 31 de outubro de 1875 e finado en Bombai o 15 de decembro de 1950, coñecido popularmente como Sardar Patel, foi un político indio. Foi o primeiro Viceprimeiro Ministro da India. Foi avogado e estadista, líder do Congreso Nacional Indio e pai fundador da República da India que tivo un papel principal na loita pola independencia do seu país e guiou a integración nunha única nación independente.[1] Na India e noutros lugar adoita ser chamado Sardar, que significa "xefe" en hindi, urdú e persa. Actuou como ministro do interior durante a integración política da India e a guerra indopaquistaní de 1947.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Patel creceu na área rural do estado de Gujarat.[3] Foi un avogado de éxito e organizou os campesiños de Kheda, Borsad e Bardoli en Gujarat nun movemento non violento de desobediencia civil contra o Raj británico, converténdose nun dos líderes máis influentes do estado. Foi nomeado o 49.º presidente do Congreso Nacional da India, organizando o partido para as eleccións de 1934 e 1937 mentres promovía o movemento Quit India.

Como primeiro ministro do interior e viceprimeiro ministro da India, Patel fixo esforzos polos refuxiados do Panxab e Delhi e traballou para restaurar a paz. Liderou as tarefas para forxar unha India unida, integrando con éxito na nova nación independente as provincias coloniais británicas que foran "colocadas" no país.[4] Ademais destas provincias que estaban baixo o goberno directo británico, aproximadamente 565 estados principescos autónomos foran liberados da soberanía británica pola Acta de Independencia India de 1947. Ameazando as forzas militares, Patel persuadiu a case todos os estados principescos a acceder á India. O seu compromiso coa integración nacional foi total e inflexible, valéndolle o alcume de "Home de Ferro da India".[5] Tamén é lembrado como o "santo patrón dos servidores civís da India" porque estableceu o moderno sistema administrativo do país. Tamén se lle chamou "Unificador da India".[6] A Estatua da Unidade, estatua máis alta do mundo, dedicóuselle o 31 de outubro de 2018 e mide aproximadamente 182 metros.[7]

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "How Vallabhbhai Patel, V P Menon and Mountbatten unified India". 31 de outubro de 2017.
  2. ↑ Gandhi, Rajmohan. Patel: a life (Biography). navjivan trust.
  3. ↑ Lalchand, Kewalram (1977). The Indomitable Sardar. Bharatiya Vidya Bhavan. p. 4. Sardar Vallabhbhai Patel
  4. ↑ Menon, V.P. (15 de setembro de 1955). Original first edition with maps - The story of the integration of the Indian states (First ed.). Bangalore: Longmans Green and Co. Consultado o 22 de marzo de 2019.
  5. ↑ "PM Modi pays rich tribute to 'iron man' Sardar Patel on his 141st birth anniversary". The Indian Express. 31 de outubro de 2016.
  6. ↑ "Prime Minister Narendra Modi pays tribute to India's 'Iron Man' on his 141st birth anniversary". The Financial Express. 31 de outubro de 2016.
  7. ↑ "India unveils the world's tallest statue". BBC. 31 de outubro de 2018.
  8. ↑ Time covers
  9. ↑ "Film fest to celebrate Independence Day". The Times of India.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]