Estanislao Martín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Casares de las Hurdes, España |
Deputado da Asemblea de Estremadura | |
Circunscrición electoral: Cáceres (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade da Estremadura (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Extremaduran Coalition (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Estanislao Martín Martín, nado en Casares de las Hurdes (Cáceres) en 1964, é un avogado e político de Estremadura (España). É o coordinador xeral de Coalición Extremeña e foi deputado na Asemblea de Estremadura entre 2007 e 2011.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereitoo na Universidade de Estremadura en 1988, exerce a avogacía en Cáceres desde 1991. Foi presidente das mocidades de Extremadura Unida, e posteriormente cofundador do Partido Regionalista Extremeño (PREX) do que é secretario xeral. Tras a creación da federación de partidos Coalición Extremeña en 2003 asumiu o posto do seu coordinador xeral.[1]
Foi concelleiro polo PREX en Casares de las Hurdes e mais en coalición co PSOE foi concelleiro en Cáceres (2003-2007). Formou parte da candidatura PSOE-Rexionalistas á Asemblea de Estremadura, logrando a acta de deputado. Nas eleccións autonómicas de 2011 non foi candidato nas listas da coalición do PSOE coa Coalición Extremeña. Nas eleccións de 2015 é o candidato á presidencia da Xunta de Estremadura por Coalición Extremeña PREx-CREx.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El regionalismo ligado al PSOE se une en Coalición Extremeña". El Periódico de Extremadura. 15 de decembro de 2003.
- ↑ "Estanislao Martín, candidato del PREx-CREx a la Presidencia de la Junta de Extremadura, Digital Extremadura, 26 de outubro de 2014". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 07 de marzo de 2015.