Estados hausa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Principais cidades da área hausa. As fronteiras modernas aparecen en vermello.

Os estados hausa ou reinos hausa foron unha serie de cidades-estado independentes situados entre o río Níxer e o lago Chad. A tradición hausa lembra as lendarias aventuras de Bayajidda, de quen se di que chegou dende Bagdad ou outro lugar de Oriente Próximo e fundou os estados hausa.

Aínda que os estados hausa compartían liñaxe, linguaxe e cultura, os estados caracterizáronse por grandes rivalidades entre eles, e cada estado procuraba a súa supremacía sobre os outros.[1]

A lingua hausa expandiuse durante este período.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda de Bayajidda, os estados hausa foron fundados polos fillos e netos de Bayajidda, un príncipe con orixes diferentes dependendo da tradición, mais a versión canónica recoñéceo como a persoa que casou con Daurama, o último Kabara. Segundo a versión máis célebre da historia, os estados hausa comezaron cun príncipe de Bagdad chamado "Abu Yazid". Cando chegou a Daura, foi á casa dunha anciá e pediulle auga, mais ela díxolle que o único pozo que había, chamado Kusugu, estaba habitado por unha serpe chamada Sarki, que permitía aos cidadáns coller auga só os venres. Como "Sarki" é o vocábulo hausa para "rei", podía ser unha metáfora dunha figura poderosa. Bayajidda matou a Sarki e polo seu valor déronlle a raíña en matrimonio. Trala voda comezaron a chamalo Bayajidda, que significa "el anten non entendía (a lingua)".

Hausa Bakwai[editar | editar a fonte]

Os reinos hausa comezaron como sete estados cunha mitoloxía común, pois os seus fundadores eran os fillos dunha raíña. Foron coñecidos como bakwai hausa, que significa os «sete hausa». Estes estados eran:

Banza Bakwai[editar | editar a fonte]

O crecemento e posteriores conquistas dos Bakwai hausa acabou na fundación dun número adicional de estados, trazando os diferentes gobernantes a súa liñaxe ata unha concubina do pai hausa fundador, Bayajidda. Por iso foron coñecidos como Banza Bakwai, que significa "bastardo" ou "falso sete". Os Banza Bakwai adoptaron moitos dos costumes e das institucións dos Bakwai hausa, mais eran considerados reinos copiados pola xente non hausa. Estes estados incluían:

Apoxeo[editar | editar a fonte]

Os reinos hausa emerxeron no século XIII como vibrantes centros comerciais, que competían cos imperios de Kanem e Malí.[2] Os seus principais produtos de exportación eran o coiro, o ouro, os téxtiles, o sal, a noz de cola, as correas para animais e a henna. Agás por alianzas menores, as cidades-estado hausa funcionaban de xeito independente. As rivalidades xeralmente inhibiron a formación dunha autoridade centralizada.

Caída[editar | editar a fonte]

Califato hausa-fulani de Sokoto no século XIX

A pesar dun crecemento relativamente constante, as cidades-estado eran vulnerables á agresión e, a pesar de que a inmensa maioría dos seus habitantes eran musulmáns contra o século XVI, foron atacados por xihadistas musulmáns entre 1804 e 1808. En 1808, o último estado hausa foi finalmente conquistado por Usman dan Fodio e incorporado ao Califato de Sokoto hausa-fulani.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Palmer, ', III, 132-4; Smith, Daura, 52-55
  2. Hogben/Kirk-Greene, Emirates, 82-88; Lange, Kingdoms, 216-221, 554 n. 25.
  3. Smith, Daura, 419-421.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hogben, S. J. und Anthony Kirk-Greene: The Emirates of Northern Nigeria, Londres 1966 (pp. 145–155).
  • Lapidus, Ira M. A History of Islamic Societies. 3rd ed. Nova York: Cambridge University Press, 2014. pax. 458-459.
  • Nicolas, Guy: Dynamique sociale et appréhension du monde au sein d'une société hausa, París 1975.
  • Palmer, Herbert R.: Sudanese Memoirs, vol. 3, Lagos 1928 (Bayajidda legend, pp. 132–146).
  • Smith, Michael: The Affairs of Daura, Berkeley 1978.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]