Estado de sitio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O estado de sitio é un réxime de excepción que pode declarar o goberno dun país en situacións excepcionais.

Tamén se refire á medida que adopta o poder público para reforzar as facultades do poder executivo en detrimento das garantías individuais, a fin -e ás veces so pretexto- de manter a orde interior en casos de revolta dentro da nación ou dunha parte dela ou de agresión exterior.

O estado de sitio representa un concepto equivalente ao de estado de guerra, e por iso danse ás forzas armadas facultades preponderantes para os actos de represión. Durante o 'estado de sitio' quedan en suspenso as garantías constitucionais, con maior ou menor extensión, segundo as lexislacións. Nalgunhas delas, como sucede na Arxentina, autorízase ao xefe de Estado a deter ás persoas e a trasladalas dun punto a outro da nación, salvo que prefiran saír do territorio nacional.

A declaración do 'estado de sitio' representa, no Dereito Político, unha institución moi discutida, non porque se descoñeza a necesidade da súa implementación en momentos determinados, se non polos abusos a que se presta por parte do poder executivo.

Este estado dítase, xeralmente, en caso de invasión, guerra exterior, guerra civil ou perigo inminente de que se produzan.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]