Estadio Tofiq Bahramov
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2015.) |
| Estadio Tofiq Bahrəmov | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Bakú | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Deporte
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Ocupante
| |||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O Estadio Tofiq Bahramov (en azerí: Tofiq Bəhramov adına Respublika Stadionu) é un estadio multisusos situado na cidade de Bacú, a capital de Azerbaidján. É un estadio deseñado para albergar moitos tipos de eventos diferentes, pero case só se utiliza para partidos de fútbol. Este estadio acolle os partidos como local do FK Qarabağ e anteriormente tamén da selección de fútbol de Azerbaidján, que posteriormente se mudou ao novo Estadio Nacional de Bacú. O estadio conta cunha capacidade de 31.200 espectadores.[Cómpre referencia]
Historia
[editar | editar a fonte]O estadio foi construído no ano 1951 usando man de obra dos prisioneiros de guerra alemáns.[Cómpre referencia] Dende o ano 1993, o estadio leva o nome de Tofiq Bahramov, un árbitro azerí da época da URSS que se fixo famoso na final do Mundial de Fútbol Inglaterra 1966 no estadio de Wembley (na que foi o xuíz de liña) por conceder ao inglés Geoff Hurst o 3-2 no minuto 11 da prórroga ante Alemaña Federal.[Cómpre referencia]
