Estadio San Pablo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estadio San Pablo
Datos
LocalizaciónÉcija, Sevilla Bandera de Andalucía.svg
España Flag of Spain.svg
Construción
Inauguración1986
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións103 x 69
Capacidade4.500
PropietarioConcello de Écija
LocalíaÉcija Balompié

O Estadio Municipal de San Pablo é un estadio de fútbol situado na cidade de Écija, España. Foi inaugurado en 1986, é de propiedade municipal e é utilizado polo Écija Balompié que milita en Segunda División B.

Ten unha capacidade para 4.500 persoas, todas elas sentadas. Sitúase na rúa José Herrainz, antigo presidente do club e co que se conseguiu o seu maior logro, o ascenso a Segunda División. Desde esta entrada accédese á tribuna do campo, vestiarios, así como ás distintas oficinas. Conta tamén cunha entrada pola Avenida de Andalucía, accedéndose desde a mesma a ambos os fondos e a bancada de xeneral.

O campo sufriu varias remodelacións nos últimos anos. Con motivo do ascenso á Segunda División puxéronse bancadas supletorias na tribuna de xeneral, ampliando o número de persoas nunhas 1.000, que se quitaron cando o equipo volveu á Segunda B. Tamén con motivo do partido da Copa do Rei da tempada 2006-07 puxéronse bancadas supletorias en ambos os fondos, así como en xeral, chegando o estadio a 10.000 persoas. Con motivo do partido contra a SD Huesca, no que se decidía o ascenso á Segunda División quitáronse os asentos da bancada de xeneral, alcanzando as 6.000 persoas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]