Estadi Olímpic de Terrassa
Estadi Olímpic | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Escudo do Terrassa FC na entrada do estadio | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Terrassa Olímpica 2010 e Barcelona Dragons (en) ![]() ![]() | |||
Propietario/a | Concello de Terrassa | |||
Datas | ||||
Fundación | 1955 ![]() | |||
Inauguración | 21 de agosto de 1960 | |||
Acontecementos | ||||
Dimensións | ||||
Capacidade | 11.500 | |||
Superficie | Céspede artificial | |||
Tipo superficie | céspede artificial ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Vallès Occidental | |||
Concello | Terrasa ![]() | |||
Localización | Terrassa | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben integrante do patrimonio cultural catalán | ||||
Id. IPAC | 46285 ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Estadi Olímpic de Terrassa é unha instalación deportiva situada na cidade catalá de Terrassa. Ten capacidade para 11.500 espectadores e nel xoga os seus partidos o Terrassa Futbol Club. Ten dous estadios anexos e caracterízase por estar practicamente enterrado baixo o nivel do chan.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi inaugurado o 21 de agosto de 1960 baixo deseño do arquitecto Pep Bonet para albergar ao equipo de fútbol local, xa que o seu antigo estadio quedaba pequeno. O estadio construíuse integrado nunha zona deportiva no norte da cidade, con instalacións como piscinas, pistas polideportivas e frontóns, xestionados polo Club Natació Terrassa e o Club San Fernando de Balonmán. Os dous estadios anexos dedicáronse un á práctica do hóckey sobre herba e o outro, xestionado polo Concello de Terrassa, a pista de atletismo de cinza con 300 metros de corda (lonxitude da pista).
En 1991 remodelouse toda a zona deportiva, incluído o estadio olímpico, con motivo da celebración do torneo de hóckey sobre herba dos XXV Xogos Olímpicos, dos cales Terrassa foi subsede olímpica oficial. O campo de fútbol converteuse nun campo de hóckey sobre herba, dos dous campos anexos, o que era pista de atletismo serviu como campo de adestramento e o outro, que entón xa era campo de hóckey herba e era xestionado pola Federación Catalá de Hóckey, como campo auxiliar de competicións contando cunha bancada provisional para 4.200 espectadores.
Despois dos Xogos Olímpicos o conxunto volveu á normalidade: o campo anexo que se usaba para competición mantívose como campo de hóckey e actualmente é xestionado polo Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat e o de adestramento reconverteuse nun campo de fútbol estándar, con dous campos transversais de fútbol 7 e que é xestionado polo Club Natació Terrassa. O principal retomou o seu papel de campo de fútbol.
Instalacións
[editar | editar a fonte]O estadio principal serve para organizar os encontros do equipo de fútbol catalán. Conta con bancadas para 11.500 persoas e dispón ademais do chamado TerrassaSports: dous campos anexos para a práctica do fútbol 7 e o fútbol 11, un ximnasio de aeróbic e fitness, unha piscina, zona de sauna, pistas de pádel e un restaurante.