Estación de Málaga-María Zambrano
Málaga-María Zambrano | |
---|---|
Estación María Zambrano | |
Situación | Málaga |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | |
Longa Distancia | Arco, Estrella, Trenhotel |
Media distancia | (Proximidades Málaga) |
Intermodalidade | |
Outros |
Málaga-María Zambrano é a estación central de ferrocarril de Málaga, incluída dentro da rede de estacións de Adif. Está situada sobre unha estación pasante de trens da rede de Proximidades Málaga denominada Málaga-Renfe, actualmente pechada por obras. Actualmente realízanse obras para crear un enlace co futuro intercambiador de Renfe e así facilitar a mobilidade entre esta, a estación de autobuses e a estación do Metro de Málaga. A estación leva o nome de María Zambrano dende 2007, xa que antes chamábase Málaga-Término.
É cabeceira da liña C-2 de Proximidades Málaga, situada na zona 0 da rede, parada de trens de Media distancia Renfe e de trens de longa distancia.
Trens
[editar | editar a fonte]Proximidades Renfe
[editar | editar a fonte]A estación subterránea ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia de 2 trens por hora na liña C-1 e uns poucos trens ao día na liña C-2. É cabeceira da segunda.
Orixe/Destino | < | Liña | > | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
terminal[1] | Victoria Kent | Fuengirola | ||
terminal | Álora |
Media distancia
[editar | editar a fonte]Os trens de Media Distancia son de tipo R-598 con destino Sevilla-Santa Justa percorrendo a liña A-3 ou son Rexional Exprés con destino Ronda que combina con parte do trazado da liña A-5.
Liña | > | Destino/Orixe |
---|---|---|
A-3 | Álora | Sevilla-Santa Justa |
A-5 | Ronda |
Longa distancia
[editar | editar a fonte]Dende o 24 de decembro de 2007 está aberta ó público a L.A.V. Córdoba-Málaga, que permite a chegada de trens AVE dende Madrid-Puerta de Atocha en 2 h e media.
Tren | Orixe/Destino | Paradas intermedias | Frecuencia |
---|---|---|---|
Madrid-Puerta de Atocha | Antequera-Santa Ana · Puente Genil-Herrera · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central | 12-15 trens ao día Algúns son directos ou semidirectos | |
Barcelona-Sants | Antequera-Santa Ana · Puente Genil-Herrera · Córdoba Central · Puertollano · Cidade Real-Central · Madrid-Puerta de Atocha · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona | 1 tren ao día | |
Arco García Lorca |
Barcelona-Sants | Bobadilla · Puente Genil · Montilla · Córdoba Central · Andújar · Espeluy · Linares-Baeza · Vilches · Valdepeñas · Manzanares · Alcázar de San Juan · Socuéllamos · Villarrobledo · Albacete · Xàtiva · València-Nord · Castelló de la Plana · Benicarló-Peñíscola · Vinaròs · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Salou · Tarragona · Sant Vicenç de Calders | 1 tren ao día |
Trenhotel Gibralfaro |
Barcelona-Sants | Antequera-Santa Ana · Puente Genil-Herrera · Córdoba Central · Zaragoza-Delicias · Camp de Tarragona | 1 tren ao día |
Estrella Picasso |
Bilbao-Abando | Bobadilla · Puente Genil · Córdoba Central · Linares-Baeza · Valdepeñas · Manzanares · Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro | 1 tren á semana (domingos) |
Centro Comercial Vialia
[editar | editar a fonte]Dentro da estación atopamos un centro comercial, con establecementos de Media-Markt, Game, H&M ou Mc Donald's entre outros, así como un cine Yelmo Cineplex.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Málaga-María Zambrano |