Estación de Huesca
Huesca | |
---|---|
Situación | Huesca |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Media distancia | MD, TRD, Rexional |
A estación de Huesca é unha estación de ferrocarril de Adif de carácter terminal situada na cidade española de Huesca, en Aragón. É un recinto intermodal que alberga tamén a estación de autobuses da cidade cuxas dársenas están situados nos laterais deste.
En 2010 os seus servizos de Longa e Media Distancia foron usados por preto de 130.000 viaxeiros.
Situación ferroviaria
[editar | editar a fonte]A estación atópase no punto quilométrico 88,536 da liña férrea de ancho ibérico que une Zaragoza con Francia por Canfranc, e no mesmo punto da liña de ancho internacional que une Zaragoza con Huesca, a 458 metros de altitude.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi inaugurada no ano 2001, substituíndo á antiga estación, a primeira edificada na cidade con motivo da apertura da liña Zaragoza-Huesca en 1864. A estación antiga, que carecía de interese arquitectónico e artístico, foi derrubada pouco despois da construción da nova.
A estación
[editar | editar a fonte]A estación actual é de planta cadrada, co vestíbulo a nivel de rúa. Sobre el levántanse dúas torres de catro alturas que corresponden a un hotel e a salóns para banquetes.
A estación ten dúas plataformas ademais da cabeceira propia das estacións terminais e seis vías, dúas de ancho internacional e catro de ancho ibérico.
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta | Huesca | 2 trens diarios por sentido |
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizado a 8 de xullo de 2016.
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
' | Intercity | Valencia-Estació del Nord Murcia del Carmen |
Huesca | |
38 | Rexional Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias | Lleida-Pirineus | |
56 | Rexional | Zaragoza-Delicias | Canfranc Jaca |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Huesca (Est.) Euroferroviarios
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Huesca |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información da estación na páxina de Adif Arquivado 27 de maio de 2015 en Wayback Machine.