Estación de Ruán-Rive-Droite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do edificio da estación de Ruán-Rive-Droite

A estación de Ruán-Rive-Droite é unha estación de ferrocarril francesa da liña de París-Le Havre, situada na beira dereita do Sena, na parte superior da rúa Jeanne d 'Arc, preto do centro da cidade de Ruán, no departamento Seine-Maritime, en Normandía. É unha importante estación de longa distancia da SNCF, significada pola relación histórica entre París e Ruán mais Le Havre, pero tamén é unha importante estación de media distancia, do servizo TER Haute-Normandie, conectando a Alta Normandía coa Baixa Normandía, Picardía, Norte-Paso de Calais e a Illa de Francia. En 2014, segundo estimacións do SNCF pasaron un total de 6.458.577 pasaxeiros pola estación.[1].

Detalle da fachada.

Descrición[editar | editar a fonte]

Sitúase a 26 metros de altitude, no punto quilométrico 139,468[2] da liña de París-Le Havre, entre as estacións de Sotteville e de Maromme e entre o túnel de Beauvoisine (1 354 m) no leste e o de Saint-Maur (1065 m.) no oeste. Sen ser propiamente un nó ferroviario, a estación enlaza directamente coa estación de Amiens pola liña de Saint-Roch a Darnétal-Bifurcation.

Pola súa situación entre dous túneis, a lonxitude para os trens de viaxeiros está limitada a 311 m[3] como máximo

Historia[editar | editar a fonte]

Inauguración da estación en 1847.

En 1843 púxose en servizo a estación de ferrocarril, Ruán-Saint-Sever na beira esquerda do Sena, pora a Compagnie du chemin de fer de Paríis à Rouen. A estación de viaxeiros da rúa Verte, situada no mesmo lugar que a estación actual, púxose en servizo en 1847 para a Compañía do ferrocarril de Rouen a Le Havre. O edificio de viaxeiros de estilo Art Nouveau, inaugurrouse en 1928, e está na listaxe oficial de monumentos históricos desde 1975.

Estación da rúa Verte[editar | editar a fonte]

Estación de rúa Verte en 1910.

Ao deseñarse a liña de Ruán con Le Havre, constatuouse a imposibilidade dunha ligazón directa coa outra estación da cidade, situada na marxe dereita do Sena, Ruán-Rive-Gauche[4]. O edificio rematouse en 1843, obra do arquitecto inglés William Tite.[5] Así esta nova estación, converteuse en estación de viaxeiros, mentres a antiga estación dedicouse a mercadorías. Inaugurouse oficialmente o 20 de marzo de 1847 e dous días despois quedou aberta ao público[4]

A estación actual[editar | editar a fonte]

Edificio de encravamento (2013).

A finais do século XIX a estación quedou pequena. Os traballos de construción dunha nova estación comezaron en 1913 baixo a dirección de Adolphe Dervaux, colocándose a primeira pedra un ano despois aínda que a estrutura, de formigón armado foi obra do estudio de arquitectura Pelnard Considerar Caquot[6]. A Primeira Guerra mundial atrasou o proxecto, que non se rematou ata 1928. O edificio, de carácter monumental está construído en estilo Art Nouveau tardío, cun trazo modernista pola estrutura de formigón [5]. A torre do reloxo ten unha altura de 37 metros.

A nova estación inaugurouna o presidente da República Gaston Doumergue o 4 de xullo de 1928, primeiro denominouseEstación do Oeste ou Estación rúa Verde, e mais tarde adoptou o actual nome. A estación é un monumento histórico por decreto do 15 de xaneiro de 1975. En 1989, o arquitecto Louis Arretche renovou o antigo edificio para os viaxeiros [5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fréquentation en gare en 2014 – Gare de Rouen-Rive-Droite. SNCF
  2. Reinhard Douté (2011) Les 400 profils de lignes voyageurs du réseau ferré français, volume 1, éditions La Vie du Rail, p. 131
  3. Annexe 7.1 au document de référence du réseau ferré national, horaire de service 2013.
  4. 4,0 4,1 François et Maguy Palau (2003), « 3.16 Rouen-Le Havre et jonction Rouen Sotteville », dans Le Rail en France : les 80 premières lignes 1828-1851, éditeur Palau, Paris, p.143
  5. 5,0 5,1 5,2 François Caron, Alain Gernigon (1999) « Gare de Rouen 1914-1928 » in Le Patrimoine de la SNCF et des chemins de fer français, tome 1, Flohic éditions, Paris, pp. 394-395
  6. Site culture.gouv.fr : Rouen gare rive droite, référence PA00100832 (consulté le 23 avril 2014).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]