Saltar ao contido

Estación de Alxeciras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estación de Alxeciras
Alxeciras Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Estado de uso
Persoas e organizacións
 Operador/a
 Propietario/a
Datas
 Inauguración
1890 Editar o valor en Wikidata
Transporte
 Servizo de conexión
 Código de estación
55020 Editar o valor en Wikidata
 Estación de intercambio
 Estación adxacente
 Liñas ferroviarias
 Número de beiras
3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Wikidata C:Commons

A Estación de Algeciras é unha estación de ferrocarril de Adif, situada na cidade de Alxeciras. É a terminal da liña Bobadilla-Alxeciras. Nela chegan e parten trens con destino a Ronda, Granada, Córdoba e Madrid.

Atópase moi ben comunicada, ao estar situada na antiga travesía da estrada Cádiz-Málaga, xusto en fronte dunha estación de autobuses e a 500 metros do porto e heliporto da cidade.

A primeira estación de ferrocarril de Alxeciras inaugurouse o 6 de outubro de 1890[1] xunto coa vía férrea Bobadilla-Alxeciras, unha infraestrutura de carácter radial que permitía comunicar a cidade co interior da provincia de Cádiz.

Antigo tren Estrella chegando á estación

Pouco antes de chegar á estación terminal, a vía bifúrcase cunha galla que chega ata o porto de Alxeciras, para permitir o transporte de mercadorías. Na actualidade esta vía está sen electrificar. Con todo, grazas á modernización das vías entre Madrid e Andalucía o tempo de percorrido deste treito diminuíu notablemente (entre Alxeciras e Madrid leva aproximadamente 5 horas e 30 minutos; e a Granada, 4 horas e 20 minutos).

A estación está ben comunicada, ao pé da N-340, e xusto en fronte da estación de autobuses.

A ela chegan e parten trens con destino a Ronda, Granada, Córdoba e Madrid.

O servizo A-5 de Renfe, Alxeciras-Granada, realízase tres veces ao día en ambos os sentidos, nos trens Andalucía Exprés. Tamén hai un tren diario de Ronda a Alxeciras á mañá, e outro de Alxeciras a Ronda á tarde.

liña > destino
A-5 Los Barrios Ronda
Granada

Longo percorrido

[editar | editar a fonte]

O servizo Altaria Madrid-Alxeciras realízase dúas veces ao día en ambos os sentidos.

Tren Destino Paradas intermedias Observacións
Altaria Madrid - Puerta de Atocha Cidade Real-Central · Puertollano · Córdoba · Antequera-Santa Ana · Ronda 2 trens diarios

A liña de alta velocidade Bobadilla-Alxeciras está incluída no Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transporte 2005-2020. Actualmente atópase en execución de obras o tramo entre Bobadilla e Ronda, cunha velocidade de proxecto de 300 km/h.

Prevese que atravesar a Serranía de Ronda será unha dificultade para o trazado da liña de alta velocidade, polo que podería ter unha velocidade de proxecto máis baixa.

A estación de Alxeciras tamén será terminal do Corredor da Costa do Sol, un proxecto do Ministerio de Fomento e a Xunta de Andalucía para unir a cidade con Málaga por ferrocarril de altas prestacións.