Estás, Tomiño
Estás | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Estás e palco. | |
Concello | Tomiño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 41°58′30″N 8°45′43″O / 41.97493962, -8.761832884Coordenadas: 41°58′30″N 8°45′43″O / 41.97493962, -8.761832884 |
Poboación | 430 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Estás é unha parroquia do concello de Tomiño na provincia de Pontevedra. Segundo o IGE en 2014 tiña 430 habitantes (231 homes e 199 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 436 habitantes.[2] Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.
Patrimonio
Nesta parroquia atópase un castelo medieval que na actualidade está desenterrado.
Festas
A parroquia celebra as festas da Virxe Peregrina o último fin de semana de agosto e a de San Sebastián o 20 de xaneiro. Na festa do verán, os nenos e nenas fan unha danza popular e dúas cativas máis pequenas sentadas no carro da virxe tiran flores acompañadas doutras dúas nenas vestidas de comuñón que fan o mesmo.
Lugares e parroquias
Lugares da parroquia de Estás
Lugares da parroquia de Estás no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Aldea | Os Bravos | A Gándara | A Gandariña | A Granxola | A Igrexa | Os Medos | Outeiriño | O Outeiro | San Sebastián | A Tarrasteira | Vidancelle |