Espiñeireda de Ancares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEspiñeireda de Ancares

Localización
Mapa
 42°49′55″N 6°43′24″O / 42.832022, -6.723397Coordenadas: 42°49′55″N 6°43′24″O / 42.832022, -6.723397
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24433 Editar o valor em Wikidata

Espiñeireda de Ancares (Espinareda de Ancares en castelán e oficialmente) é un lugar pertencente ao concello leonés de Candín, situado na bisbarra do Bierzo. Segundo datos do INE en 2012 tiña 16 habitantes[1]. O lugar sufriu un proceso severo de despoboación ao igual ca os demais lugares e aldeas dos Ancares. A lingua que falan os habitantes de Espiñeireda de Ancares é un dialecto do galego chamado ancarés[2].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Espiñeireda de Ancares contaba a finais dos oitenta con varias pallozas en bo estado de conservación e hórreos[3]. Hoxe en día moitas das pallozas substituíron os seus teitos por tellados de lousa para facer máis cómodo a súa habitabilidade, mentres que outras están nun estilo ruinoso. Na actualidade, moitas das casas de estilo tradicional foron reformadas e reconstruídas polos seus habitantes, converténdose en casas máis modernas e confortables, pero perdendo o encanto das vivendas de antano; a pesar disto aínda quedan algunhas casas de estilo tradicional ancarés. A Igrexa de Espiñeireda de Ancares encóntrase en bo estado de conservación. Tiña unhas campás antigas con inscricións, pero foron cambiadas. [4]. Na praza consérvase unha fonte de estilo tradicional.

A contorna de Espiñeireda de Ancares é o seu principal atractivo, pois está rodeado por montañas e dunha gran riqueza estamental.

Festas[editar | editar a fonte]

A principal festa de Espiñeireda de Ancares é a da Virxe dos Dores, o primeiro domingo de xuño[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ESPINAREDA DE ANCARES - León". www.todopueblos.com. Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  2. Ricardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120
  3. "Espinareda de Ancares". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  4. "Espinareda de Ancares" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013. 
  5. "de-leon". www.de-leon.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.