Espiña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo espiña pódese referir a:

  • Espiña, cada unha das pugas duras e agudas que nacen no talo ou pólas dalgunhas plantas como as roseiras, espiño, pico.
  • Espiña, cada unha das partes óseas que forman o esqueleto dos osteíctios.
  • Espiña, cada unha das pugas que presentan algúns invertebrados nos seus tegumentos.
  • Espiña, conxunto das vértebras do esqueleto dos animais vertebrados, aranguelo, columna vertebral, espiña dorsal, fío do lombo, raque.
  • Espiña, figurativamente, cousa que produce unha gran mágoa moral.
    • Espiña de peixe, patrón para colocar rectángulos nun enlousado, utilizado para todo tipo de solos e para pavimentos de estradas, así denominado polo seu parecido á disposición das espiñas dun peixe.
    • Espiña bífida, malformación conxénita producida pola soldadura incompleta do arco vertebral posterior.
    • Espiña neural, apófise espiñosa, prominencias óseas que xorden da parte posterior das láminas das vértebra.
    • Espiña escapular, formación ósea situada na superficie posterior da omoplata.

Dermatoloxía[editar | editar a fonte]

  • Espiña, gran de graxa que se forma na pel, sobre todo na cara e nas costas, espiña brava, espiña carnal.
  • Espiña carnaza, herpes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

  • Espiña, lugar da parroquia de Pacios, no concello de Baralla, na comarca dos Ancares.
  • A Espiña, lugar da parroquia de Cubilledo no concello lugués de Baleira na comarca da Fonsagrada .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]