Tobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tobo de esquíos.

Un tobo, tobal ou lapa é un buraco ou túnel que un animal escarva no chan co fin de crear un espazo axeitado para habitar ou refuxiarse temporalmente. Os tobos achegan ao animal protección contra os depredadores e as inclemencias do tempo. Hai unha ampla variedade de animais que constrúen ou usan tobos.

Moitos mamíferos escavan tobos, especialmente os insectívoros, como a toupa, os roedores, como a denosiña, o rapos e os lagomorfos, coma o coello. Estímase que un só tobo de marmota ocupa un metro cúbico, e despraza 320 quilogramos de terra.

Incluso os carnívoros, como as suricatas e as ratas canguro, constrúen tobos.

Hai tamén peixes, anfibios, réptiles e aves que escarvan tobos, do mesmo xeito que numerosos invertebrados, como insectos, arañas, ourizos de mar, ameixas e vermes.

Os tobos pódense construír nunha gran variedade de lugares. As ratas canguro constrúenas na area fina; os térmites, na madeira; algúns ourizos de mar e ameixas, na rocha. Tamén teñen diferentes graos de complexidade: desde un simple tubo duns poucos centímetros de lonxitude, até unha complexa rede de túneles e cámaras interconectadas, de centos de metros, como algunhas coelleiras.