Nicos Anastasiades
Nome orixinal | (el) Νίκος Αναστασιάδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de setembro de 1946 (77 anos) Pera Pedi (en) |
7º Presidente de Chipre | |
28 de febreiro de 2013 – 28 de febreiro de 2023 ← Dimitris Christofias | |
Member of the House of Representatives of Cyprus (en) | |
2 de xuño de 2011 – 27 de febreiro de 2013 Lexislatura: 10th Cypriot Parliament (en) Circunscrición electoral: Limassol constituency (en) Electo en: 2011 Cypriot legislative election (en) | |
Member of the House of Representatives of Cyprus (en) | |
1 de xuño de 2006 – 1 de xuño de 2011 Lexislatura: 9th Cypriot Parliament (en) Circunscrición electoral: Limassol constituency (en) Electo en: 2006 Cypriot legislative election (en) | |
Member of the House of Representatives of Cyprus (en) | |
7 de xuño de 2001 – 31 de maio de 2006 Lexislatura: 8th Cypriot Parliament (en) Circunscrición electoral: Limassol constituency (en) Electo en: 2001 Cypriot legislative election (en) | |
3º President of Democratic Rally (en) | |
8 de xuño de 1997 – 10 de maio de 2013 ← Yannakis Matsis (en) – Averof Neofytou (en) → | |
Member of the House of Representatives of Cyprus (en) | |
6 de xuño de 1996 – 6 de xuño de 2001 Lexislatura: 7th Cypriot Parliament (en) Circunscrición electoral: Limassol constituency (en) Electo en: 1996 Cypriot legislative election (en) | |
Member of the House of Representatives of Cyprus (en) | |
30 de maio de 1991 – 5 de xuño de 1996 Lexislatura: 6th Cypriot Parliament (en) Circunscrición electoral: Limassol constituency (en) Electo en: 1991 Cypriot legislative election (en) | |
Member of the House of Representatives of Cyprus (en) | |
12 de decembro de 1985 – 29 de maio de 1991 Lexislatura: 5th Cypriot Parliament (en) Circunscrición electoral: Limassol constituency (en) Electo en: 1985 Cypriot legislative election (en) | |
Member of the House of Representatives of Cyprus (en) | |
4 de xuño de 1981 – 11 de decembro de 1985 Lexislatura: 4th Cypriot Parliament (en) Circunscrición electoral: Limassol constituency (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Germasogeia (pt) |
País de nacionalidade | Chipre |
Educación | Universidade de Atenas - xurisprudencia University College de Londres - shipping law (en) |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado |
Partido político | Unificação Democrata (pt) |
Lingua | Lingua grega moderna e lingua inglesa |
Participou en | |
16 de xaneiro de 2023 | World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) |
20 de xaneiro de 2016 | World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) |
21 de xaneiro de 2015 | World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) |
Familia | |
Cónxuxe | Andri Moustakoudes (1971–) |
Páxina web | anastasiades.topcyprus.net |
Nicos Anastasiades (en grego: Νίκος Αναστασιάδης), nado o 27 de setembro de 1946, é un político chipriota, líder do conservador Reagrupamento Democrático (DISY) e Presidente do seu país dende o 1 de marzo de 2013.[1]
Carreira política[editar | editar a fonte]
Anastasiades foi elixido membro da Cámara de Representantes de Chipre en 1981 e é líder do seu partido dende o 8 de xuño de 1997.[2]
Campaña presidencial de 2013[editar | editar a fonte]
Durante as eleccións presidenciais en Chipre de 2013, Anastasiades baseou a súa campaña electoral na promesa de volver conducir a Chipre pola senda europea, no medio dunha crise financeira e bancaria producida, en parte, polo desastre económico sufrido por Grecia.[3]
Gañou a primeira rolda das eleccións cun 45,46% dos votos e conseguiu o 57,5% na segunda rolda.[3][4]
O seu principal rival foi o candidato comunista Stávros Malás.[4]
Presidencia de Chipre[editar | editar a fonte]
Durante o seu mandato Anastisiades deberá facer fronte a varios desafíos:
- Pactar o rescate para o país, sumido nunha profunda crise e moi ligado á debilitada economía grega.
- Negociar a posible reunificación da illa, dividida entre grecochipriotas e turcochipriotas dende a invasión do norte da illa por Turquía en 1974.[5]
Unha das medidas de maior transcendencia produciuse tras só quince días no goberno, cando se fixo público o 16 de marzo de 2013 un rescate financeiro, negociado entre a Unión Europea e o goberno de Anastasiades, que incluía unha penalización próxima ó 7% dos depósitos bancarios, o cal produciu numerosas reaccións en toda Europa.[6]
Vida privada[editar | editar a fonte]
Casado con Andri Moustakoudes, son pais de dúas fillas: Elsa e Ino Anastasiades.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Castiella, Begoña (17 de febreiro de 2013). "El conservador Anastasiadis, favorito de unas elecciones marcadas por el rescate en Chipre". ABC. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ "Nicos Anastasiades President. Democratic Rally of Cyprus". The Economist. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Conservador Anastasiades gana elecciones en Chipre". DW.com. 24 de febreiro de 2013. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 RTVE.es, ed. (17 de febreiro de 2013). "Conservadores y comunistas se enfrentarán en una segunda vuelta en Chipre". Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ EuropaPress, ed. (24 de febreiro de 2013). "Anastasiades vence en las elecciones presidenciales de Chipre". Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ "El Eurogrupo rescata a Chipre y provoca el primer 'corralito' de la UE". El Mundo. 16 de marzo de 2013. Consultado o 31 de maio de 2019.
- ↑ "Index". Anastasiades. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013.