DGC Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DGC Records
Compañía naiUniversal Music Group
Fundado en1990
FundadorDavid Geffen
DistribuidorasGeffen Records, Polydor Records
Xénero(s)varios, pero centrado no rock alternativo
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónSanta Monica (California)

DGC Records é un selo discográfico estadounidense pertencente ao Universal Music Group, que na actualidade opera como selo auxiliar de Interscope Records.

Historia[editar | editar a fonte]

DGC Records (acrónimo de "David Geffen Company") apareceu en 1990 como unha subsidiaria de Geffen Records e coa distribución de Warner Bros. Records ata 1991, cando foi adquirida polo grupo MCA Music Entertainment Group. O selo creouse como resposta ao éxito que Geffen tivera con artistas hard rock que promocionaba. A pesar de que inicialmente centrouse máis no rock progresivo e no heavy metal, a medida que a década avanzaba tamén abarcaría ao emerxente rock alternativo, asinando con influentes artistas como Nirvana, Sonic Youth e Beck. O selo tamén editou os primeiros traballos da banda de hip hop The Roots.

En 1999, durante a consolidación da empresa nai de Geffen, Universal Music Group, e PolyGram, o selo DGC parou as súas operacións. Os seus artistas pasarían a gravar con Geffen Records. Nos anos seguintes, o nome DGC e o seu logo apareceron ocasionalmente en reedicións do seu pasado catálogo. No ano 2007 o selo foi reactivado como unha marca de Interscope Records, herdando a moitos dos artistas alternativos que asinaran con Interscope-Geffen-A&M. Dende a súa reactivación editou álbums de Weezer, Beck, Counting Crows e Rise Against.

Ata a data, o álbum máis vendido do catálogo de DGC é o Nevermind de Nirvana, editado en 1991, que acadou unhas vendas internacionais de 25 millóns de copias, 10 deles só nos Estados Unidos, e é un dos primeiros álbums que foron certificados diamante.