Colmea Langstroth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apiario de colmeas Langstroth.

A colmea Langstroth é un tipo de colmea vertical, patentada en 1852 nos Estados Unidos polo seu inventor, Lorenzo Langstroth. Esta colmea revolucionou o mundo da apicultura polos seus cadros e alzas móbiles.

Partes dunha colmea Langstroth[editar | editar a fonte]

Colmea Langstroth.
Cadros móbiles con panais.
  • Piso: o piso está cravado ou aparafusado á primeira alza (denomínada cámara de cría). O saínte do piso con respecto á cámara de cría, denomínase táboa de voo. A abertura entre o piso e a alza, por onde entran as abellas, denomínase piqueira.
  • Alzas
    • Cámara de cría: é a primeira alza, normalmente estándar, nela están os cadros con panais de cría, co piso da colmea cravada á mesma.
    • Alzas melarias: a continuación da cámara de cría colócanse as alzas melarias (onde se acumula o mel), podéndo ser de tres tipos en canto á súa altura; a estándar, a tres cuartos e as medias alzas. Dependendo da preferencia do apicultor, xa que nas estándares amoréanse 22 ou 23 kg de mel, nas tres cuartos 15 kg e 11 kg nas medias alzas de media.
    • Teito: na parte superior está o teito. Existen basicamente dous tipos: o denominado teito tipo europeo que é un recadro de madeira e como tapa ten cartón prensado, recuberto por chapa zincada; e o americano, que só ten reborde de madeira nas puntas, está confeccionado con táboas de madeira, podendo estár recuberto por chapa zincada ou non.
    • Entretapa ou entreteito: nos teitos de tipo europeos, existe unha entretapa entre o teito e a última alza. A súa función é producir un mellor illamento xerando unha cámara de aire, esta entretapa produce o espazo de abella necesario entre os cabezais dos marcos e a mesma. A entretapa non é necesaria no teito tipo americano, o cal por ser de madeira sólida, só se lle engade un reborde para dar o espazo abella.
  • Cadros móbiles: en cada alza hai 10 cadros. Existen de tres medidas estándares, tres cuartos e medios cadros, segundo correspondan ao tipo de alza. Os cadros móbiles son portadores de follas de cera estampada, que é unha folla de cera á cal se lle imprímen os hexágonos, podendo na actualidade ser de material plástico con hexágonos impresos e un baño de cera na superficie. A cera estampada é adherida ao cadro por fusión a arames lonxitudinais (xeralmente), noutros casos verticais, por medio de calor producida mediante unha resistencia eléctrica sobre estes arames.

Materiais para a confección de colmeas[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente o material é a madeira, na actualidade podemos observar colmeas confeccionadas en materiais plásticos, cemento con area volcánica (vermiculita) etc. A madeira empregada depende da rexión ou da flora do país onde reside o apicultor. Nos pisos e teitos é común utilizar madeiras duras, mentres que nas alzas utilízanse madeiras semiduras, e na confección dos cadros madeiras semiduras e brandas. A madeira protéxese con pinturas xeralmente, e se son brandas as alzas adoitan ser parafinadás o que se logra mergullandoas en parafina líquida a 110 °C producíndose unha incrustación na madeira. Tamén resulta habitual impregnar a madeira das colmeas en aceite de linaza.

Vantaxes e desvantaxes da colmea Langstroth[editar | editar a fonte]

Esta colmea foi adoptada como a colmea perfección en practicamente todo o mundo. As súas vantaxes residen no cadro móbil, que permite un adecuado manexo á hora de dividir unha colmea en dúas, xa que podemos levar cadros con cría a outra cámara ou núcleo. Esta colmea permite ir proporcionando acomodo ás necesidades da colonia a medida que crece a poboación de abellas, agregando novas alzas, para aumentar a cámara de cría ou para aumentar o espazo necesario na acumulación de mel, tamén permite ser acoutada reducindo o espazo útil en momentos de carestía, por necesidades sanitarias etc. Ao ser unha colmea articulada o apicultor agrega material ou quita o mesmo ao cultivala, devolvendo as alzas baleiras cos seus cadros intactos para que se produza unha novo enchido dos panales con mel. Esta colmea permite ter exposta ás inclemencias do tempo, parte do material, a cámara de cría e unha alza melaria, pero pódense manter o resto das alzas melarias en lugares protexidos e ao enxoito durante o inverno. Entre as desvantaxes podemos citar o custo elevado que pode ter esta colmea nos países menos desenvolvidos, por iso certas organizacións recomendan o uso de colmeas horizontais. É necesario un manexo adecuado, principalmente o da cámara de cría (agrandándoa) durante o desenvolvemento da colmea. Pola contra, é necesario achicar o espazo quitando alzas durante a invernada. Na transhumancia é fácil mover cámaras de cría, pero resulta moi dificultoso mover colmeas cun alza melaria arriba.

Núcleos Langstroth[editar | editar a fonte]

O núcleo é unha colmea tipo langstroth reducida no seu ancho, poden ser de tres, catro, ou cinco marcos móbiles, utilizados para dividir parte da poboación de abellas coa finalidade de xerar unha nova colonia. Como a poboación ou núcleo orixinal para dar comezo a unha nova colonia é normalmente reducida búscase unha localización de menor tamaño, que permita unha mellor termoregulación da colonia. A división dunha colonia lógrase colocando dentro dun nuclero 2 ou 3 cadros con cría operculada, un ou dous de mel e unha mestra fecundada ou na súa falta unha mestra vírxe ou unha cela real por nacer. Nuns días a nova mestra comeza a postura e así obtemos unha nova colmea, cando trasbasamos o contido do nuclero a unha nova cámara de cría, onde completamos os 10 cadros móbiles.

Medidas de diferentes tipos de colmeas verticais[editar | editar a fonte]

Tipo Langstroth Dadant Lusitana Layens
Medidas cámara cría 46,5x38x24 46,5x38x31 37x38x31 segundo Nº cadros
Medidas alzas 46,5x38x24 46,5x38x17 37x38x16
Med. cadro cámara 42x20 42x27 33x27 35x30
Med cadro alza mel 42x20 42x13 33x12 35x30
Superficie cadro 160 dm² 220 dm² 180 dm² 240 dm²
Cría teórica 45.000 abellas 60-62.000 abellas 50.000 abellas 67.200 abellas
kg de abella x cría 4,5 kg 6 kg 5 kg 6,7 kg
Capacidade en litros 42,4 L 54 L 43,5 L
Capacidade total 84,8 L 84 L 65,9 L
Capacidade en alza mel. 25 kg 16 kg 13 kg

Véxase tamén:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]