Chapapote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chapapote nas rochas de Muxía, resultado do accidente do Prestige.

O chapapote[1] (palabra que provén do náhuatl chapopotli, corrupción de tzaucpopochtli deus dos sendeiros, composto de tzacutli, engrudo, e popochtli, perfume[Cómpre referencia]) ou piche[2][3], é un líquido moi viscoso, asimilable ó alcatrán, entendéndose por chapapote o alcatrán quente, por exemplo. Nos dicionarios vén como acepción, á parte de alcatrán, asfalto ou substancia oleosa moi viscosa.

En Galiza, dende o accidente do Prestige (13 de novembro de 2002), enténdense por chapapote as diversas expresións de contaminación por petróleo que chegan á costa dun xeito condensado. Así mesmo, tamén se emprega o nome chapapote para o petróleo ou aceite mineral ilegalmente soltado polos barcos, en ocasións procedente dos seus tanques de combustible ou maquinaria.

O barco monocasco Prestige ao accidentarse derramou o petróleo e provocou unha gran marea negra en Galiza, que afectou tamén ao resto da costa norte de España (Asturias, Cantabria e País Vasco) e ao suroeste de Francia. O desastre ecolóxico mobilizou a miles de voluntarios para limpar as costas e deu lugar á creación do movemento Nunca Máis.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chapapote. Consultado o 25-07-2017.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para piche.
  3. Localmente tamén pode recibir outros nomes como galipote na Costa da Morte ou na Terra Eo-Navia Carlos Xesús Varela Contribución ao dicionario galego. O léxico do galego de Asturias

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]