.cr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.cr
Ano de creación1990
TipoccTLD
Estadoactivo
RexistradorNIC-Internet Costa Rica
PatrocinadorAcademia Nacional de Ciencias de Costa Rica
FinalidadePersoas naturais ou xurídicas aveciñadas ou domiciliadas en calquera parte do mundo
Uso actualPopular en Costa Rica, pouco representativo a nivel mundial
Restricións de usoSó as restricións designadas polo Goberno de Costa Rica
PaísCosta Rica
WebNIC Costa Rica
editar datos en Wikidata ]

.cr é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) único e exclusivo para Costa Rica. É unha extensión pouco utilizada, existindo en 2016 uns 18.000 dominios .cr rexistrados.

O rexistro do dominio é libre para calquera persoa, organización ou empresa que desexe rexistrar un dominio .cr de Costa Rica, exceptuando os dominios restrinxidos polo Goberno de Costa Rica. Existen diversos xeitos de adquirir un dominio costarriqueño. Unha delas é mediante un departamento independente sen fins de lucro da Academia Nacional de Ciencias de Costa Rica.

Historia e funcionamento[editar | editar a fonte]

NIC-Costa Rica obtivo a administración do dominio superior .cr o 10 de setembro de 1990, outorgada pola International Assigned Numbers Authority (IANA)[1]. O proceso de interconexión de Costa Rica ás grandes redes de investigación iniciouse en 1990 co establecemento na Universidade de Costa Rica (UCR) do primeiro nodo da Red Bitnet na rexión Centroamericana e a súa integración, dous anos despois, á red Internet, o 26 de xaneiro de 1993. Paralelamente coas conexións pioneiras da UCR, estableceuse a Red Nacional de Investigación de Costa Rica (CRNet), unha rede dixital que utiliza enlaces de fibra óptica para interconectar as institucións académicas e de investigación máis importantes do país, permitindo un amplo acceso á información e os recursos computacionais do mundo.

O rexistro e administración de nomes de dominio baixo a xerarquía do Dominio Superior CR (TLD, polas súas siglas en inglés) é responsabilidade da Academia Nacional de Ciencias desde o ano 1996[2]. Esta responsabilidade foille outorgada pola International Assigned Numbers Authority (IANA). Dentro da Academia, NIC - Internet Costa Rica é o departamento que facilita e prové a comunidade de Internet do servizo de rexistro e administración de nomes de dominio .cr nos sectores académico, comercial, gobernamental, financeiro, de saúde, de educación e organizacional.

Na actualidade a administración do TLD na asignación de dominios regúlase polas normas da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN) e da Internet Assigned Numbers Authority (IANA) (RFC 1591) na administración de direccións IP. Estas normas garanten a equidade e transparencia na asignación destes dominios.

Dominios de terceiro nivel[editar | editar a fonte]

  • ac.cr: entidades académicas (restrinxido).
  • co.cr: destinado ao uso comercial.
  • ed.cr: destinado ao sector da educación ou organizacións educativas (restrinxido).
  • fi.cr: entidades financeiras (restrinxido).
  • go.cr: entidades e/ou organismos gobernamentais (restrinxido).
  • or.cr: destinado para organizacións non lucrativas.
  • sa.cr: destinado ao sector da saúde ou organizacións da saúde (restrinxido).
  • cr: páxinas de uso público ou entidades comerciais (dominio pouco popular, xa que é máis común "co.cr"; porén, o seu uso ten como obxectivo principal acurtar as URL comerciais para que sexan máis sinxelas de memorizar e acceder rapidamente). Algunhas entidades comerciais que empregan este dominio son, por exemplo, os sitios web comerciais das tres operadoras de telefonía móbil do país Kölbi-ICE[3], Claro e Movistar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. !cr (ed.). "Historia" (en castelán). 
  2. Guy de Teramond Peralta (26-1-1993). Historia de Internet América Latina y el Caribe (wordpress), ed. "Costa Rica: Breve reseña histórica de la internet en Costa Rica" (en castelán). 
  3. Kölbi é a marca rexistrada do Instituto Costarricense de Electricidad. O seu nome ven do dialecto aborixe cabécar costarriqueño e significa "ra arborícola". Tenta representar as raíces da lingua do país da man da fauna silvestre de Costa Rica. O anfibio, popularizado polo ICE (operador de datos móbiles co maior número de clientes a nivel nacional) é o agalychnis callidryas, cuxo hábitat se atopa só nos países ou rexións que van desde México, seguindo por Belize, Honduras, Guatemala, Nicaragua, Costa Rica e Panamá, ata finalizar en Colombia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]