Dominio de primeiro nivel xeográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dominios de primeiro nivel de Europa.

Un Dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) é un dominio de Internet usado e reservado para un país ou territorio dependente.

Existen uns 243 ccTLD, cunha lonxitude de dous ou tres caracteres, a maioría ó estándar de código de países ISO 3166-1. Cada país designa xestores para seus ccTLT, por exemplo Cataluña (.cat), Italia (.it ou Alemaña (.de).

Códigos ISO 3166-1 non utilizados como ccTLD[editar | editar a fonte]

Os códigos EH e KP, ainda que teoricamente dispoñibles como ccTLD para Sáhara Occidental e Corea do Norte respectivamente, nunca foron asignados nin existen os DNS.

Tódolos demais códigos IS 3166-1 actuais foron asignados e existen no DNS. Sen embargo, algúns deles en realidade non se usan. En particular, os ccTLD dos territorios noruegos de Illa Bouvet (.bv) e Svalbard (.sj) existen no DNS, pero non se asignou ningún subdominio.

ccTLD que non están en ISO 3166-1[editar | editar a fonte]

Actualmente úsanse nove ccTLD a pesar de que non son códigos de dúas letras ISO 3166-1:

  • .uk (Reino Unido): O código ISO 3166-1 para o Reino Unido é GB, sen embargo JANET xa seleccionara uk como un identificador de nivel superior para un esquema de nomes preexistentes, e así foi incorporado ós ccTLD .gb foi asignado coa intención de realizar unha transición, pero esta nunca fixo uso e .uk afianzouse.
  • .su (código ISO 3166-1 obsoleto para a Unión Soviética). No 2001 comezábanse a aceptar novos rexistros para este dominio, pero non está claro se isto é compatíbel coa política da ICANN.