León, España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
Rei-bot (conversa | contribucións)
Liña 102: Liña 102:
[[lb:León]]
[[lb:León]]
[[lt:Leonas (Ispanija)]]
[[lt:Leonas (Ispanija)]]
[[nah:León, Caxtillah īhuān León]]
[[nl:León (Spanje)]]
[[nl:León (Spanje)]]
[[oc:Leon (vila)]]
[[oc:Leon (vila)]]

Revisión como estaba o 12 de novembro de 2008 ás 22:40

León
Situación:42,6° N, 5,6° O
Xentilicio: Leonés/Leonesa.
Altura sobre o nivel do mar, en metros: 838
Ríos: Bernesga e Torío
Extensión, en km²: 39.20
Poboación: 135.789hb(185.989 na súa Área Metropolitana)
Distancias:
Alcalde:Mario Amilivia (PP)
Festas locais:
Código Postal: 240xx
Web oficial: Concello de León


Cidade capital da provincia de León situada na Comunidade Autónoma de Castela e León (España).

Atravésana os ríos Bernesga e Torío. O concello acada unha poboación de 135.789 habitantes.

Historia

As escavacións arqueolóxicas levadas a cabo durante os últimos anos na cidade de León poden precisar, con probas evidentes, a orixe da ocupación romana. Semella segura a hipótese de que a unidade que tomou parte nas Guerras Cántabras (29 a.C. - 19 a.C.) Legio VI Victrix xa precedera á Legio VII Gemina no lugar.

As evidencias arqueolóxicas que veñen a verifica-lo inicio do asentamento romano foron proporcionadas por escavacións efectuadas tanto no interior como fóra do actual recinto fortificado. As primeiras, ademais de testemuñar importantes vestixios da ocupación da Legio VII Gemina, permitiron determina-la existencia de dous campamentos precedentes. O máis antigo dataríase entre os últimos anos do século I adC e os comezos do seguinte século. Pouco tempo máis tarde erixiríase un segundo, perdurando ata practicamente a chegada da Legio VII Gemina.

O recinto ocupado pola Legio VII ten forma rectangular, a dun campamento ou castra de 570 a 350 metros, capacitado, por isto, para albergar unha lexión nas súas 20 hectáreas de superficie. Foi amurallado en dous momentos diferentes. O primeiro, representado por un muro de opus vittatum reforzado cun terraplén interno, debeu ser contemporáneo ou lixeiramente posterior ó establecemento da lexión, respondendo á tendencia xeneralizada de levantar, ou substituír progresivamente, as defensas dos recintos militares en terra e madeira por outras en pedra.

A segunda fortificación é a muralla con torres visible en varios puntos da cidade. Debeu de erguerse a finais do século III d.C. ou comezos do IV. Conserva 36 cubos, a metade dos que debeu incorporar inicialmente, ademais das oito torres que flanqueaban as súas portas.

O campamento contou, alo menos, cun acueducto. Chegaba ó recinto polo noroeste, mais a súa orixe ou captación non se coñece. A súa cronoloxía habería que situala entre finais do século I e os comezos do século II.

As últimas intervencións permitiron coñecer algúnha das características das edificacións dos campamentos. As máis completas aparecidas ata o momento son os restos das edificacións cos diversos espazos destinados ó aloxamento dos soldados.

Especial atención merecen as grandes termas situadas en boa parte baixo a catedral. Localízanse nas inmediacións da porta oriental do campamento, ó carón da Vía Principalis.

Unha escavación realizada no exterior do recinto amurallado, nas proximidades do seu ángulo surleste, permitiu descubri-los restos dunha galería abovedada, mais ben non se puido asociarse cunha edificación determinada.

Restos dunhas pequenas termas apareceron recentemente no barrio de "San Lorenzo", ó leste do recinto fortificado. A súa cronoloxía pódese establecer dun xeito amplo polos selos presentes nos seus muros. Todos portaban a inscrición Legio VII Gemina Felix, polo que nos indica que puideron construírse en ou despois do 73-74 d.C., sen supera-lo principado de Septimio Severo (193-211 d.C.), momento no que recibe o epíteto de Pía.

O entorno suburbano proporcionou ata o momento dúas necrópoles de inhumación de época tardía. As características dos enterramentos son similares en ambos casos, fosa delimitadas con tixolos ou cantos e cuberta con tixolos ou tellas a dobre vertente ou cha, etc. Existe tamén un sartego de laxas.

No período comprendido entre os séculos VI e VIII, a escasez de evidencias arqueolóxicas, só localizadas en lugares concretos, proxectan unha imaxe carente de vitalidade urbana, cunha clara redución do espazo habitado, que semella concentrarse na zona sul. Ata agora, nada indica que poidamos falar dunha civitas, xa que se aprecia unha total continuidade coa etapa baixoimperial, o que nos indica que a presenza do poder visigodo foi nula ou mínima, reducida, quizais, o acuartelamento dalgunhas tropas.

A cidade foi conquistada polo musulmáns no ano 712. Cara o ano 846, un grupo de mozárabes tentou repoboa-la cidade, máis un ataque musulmán rematou con aquela iniciativa. No ano 856, co rei Ordoño I, produciuse un novo intento de repoboación, con éxito, e máis tarde no ano 914, Ordoño II, fíxoa capital do seu reino. Saqueada por Almanzor cara o ano 987, foi de novo reconstruída e repoboada con Afonso V, que lle outorgou o Foro de 1017, co que se regulou a vida económica da cidade e o funcionamento do seu mercado. Xurdiron, pois, barrios de artesáns e comerciantes que, a partir do século XIII, interviñeron no goberno municipal. Durante a baixa Idade Media, a gandería deu a cidade unha época de prosperidade. No século XVI iniciouse a súa decadencia económica e demográfica, que se mantería ata o século XIX. Durante o século XX o desenvolvemento da minaría do carbón converteríana nunha das cidades máis dinámicas da Península, situación que foi empeorando ó remata-lo devandito século, co declive da minaría.

Principais monumentos

Catedral de León

Os seus principais monumentos son a catedral gótica coñecida como a Pulchra Leonina que comezou a edificarse en 1255 e rematou en 1305, coas súas excelentes vidreiras e as tres portadas esculturadas, a basílica de San Isidoro, coas súas pinturas románicas, o Hostal de San Marcos, coa súa fachada plateresca. De estilo neogótico, a "Casa de Botines" do prestixioso arquitecto catalán Antoni Gaudí. O "Palacio de los Guzmanes" contendo un patio de estilo prateresco. O casco vello contén restos das antigas murallas medievais e romanas. Son tamén destacables o denominado "barrio húmedo" e a "Plaza del Grano". No ano 2005 foi inaugurado o "Museo de Arte Contemporáneo"(Musac).