Tonsila: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: no:Mandler (anatomi) |
m bot Engadido: ru:Миндалины |
||
Liña 38: | Liña 38: | ||
[[pl:Migdałki podniebienne]] |
[[pl:Migdałki podniebienne]] |
||
[[pt:Tonsila]] |
[[pt:Tonsila]] |
||
[[ru:Миндалины]] |
|||
[[simple:Tonsil]] |
[[simple:Tonsil]] |
||
[[sv:Tonsill]] |
[[sv:Tonsill]] |
Revisión como estaba o 31 de outubro de 2008 ás 04:04
No campo da anatomía, a tonsila, antes denominada amígdala, é un órgano con forma de améndoa (en latín é o que significa, amendoíña), formado pola unión de numerosos nódulos linfáticos.
Dáselle este nome en especial á amígdala palatina pero, por extensión, tamén se denomina tonsila a calquera órgano constituído por un retículo de tecido linfoide e epitelial, que contén folículos linfáticos.
As tonsilas son tecido linfoide situado na farinxe e que constitúen o Anel de Waldeyer. Segundo a localización en que se atopen na farinxe, chámanse:
- Tonsila farínxea (ou amígdala de Luschka): situada no teito ou bóveda da farinxe, na súa porción nasal. Nos nenos adoitan estar hipertrofiadas e entón chámanse adenoides, chegando a provocar insuficiencia respiratoria nasal e deformación facial (vexetacións), polo que adoitan extirparse.
- Tonsila tubárica (ou amígdala de Gerlach): rodea o extremo farínxeo da Trompa de Eustaquio.
- Tonsila palatina: tamén chamada amígdala palatina. Órgano par situado a ambos lados do istmo das fauces, na entrada da orofarinxe, entre os piares do veo do padal, a ámbolos lados da úvula. Cando se inflaman constitúen as típicas anxinas (non confundir coa anxina de peito) ou, tecnicamente, amigdalite. A súa extirpación denomínase amigdalectomía ou tonsilectomía.
- Tonsila lingual: é un conxunto voluminoso de tecido linfoide situado na base da lingua.
Función
As tonsilas axudan a previr infeccións eliminando as bacterias e outros microorganismos presentes na parte posterior da boca, procedentes dos alimentos e do aire que inspiramos. Pueden ser invadidas por bacterias ou virus e sufrir un proceso inflamatorio, causando unha amigdalite ou tonsilite e, cando a infección alcanza as áreas circundantes, unha farinxite.
Forman parte do sistema inmunitario, especialmente nos primeiros anos de vida, perdendo interese a medida que o meniño vai medrando. De feito non hai evidencia de que as tonsilas cumpran unha función relevante despois dos tres anos de idade, e non se atopou ningún efecto á hora da resposta inmunitaria naqueles que foran sometidos a unha tonsilectomía.
Amígdala cerebral
No cerebro existe outro órgano de forma semellante que tamén recibe o nome de amígdala pero que non ten que ver con estes órganos linfoides. É a amígdala cerebral, un grupo de neuronas situado no lobo temporal do cerebro.