Diferenzas entre revisións de «Reino de Hungría»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m (Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras)
== Fundación na alta idade media ==
O '''reino de Hungría''' fundouso coa coroación de [[Estevo I de Hungría]], no ano [[1000]]. O seu nome orixinario era ''Vajk'' e descendía das tribus [[maxiar]]es. O seu pai ''Géza'' fundou unha dinastía monárquica seguindo o exemplo das de [[Europa occidental]]. O reino estableceuse na rexión de [[Pannonia]], antiga provincia romana invadida polos maxiares.
 
No [[1242]] este pequeno pero puxante reino sufriu a invasión dos mongois. Baixo [[Béla IV de Hungría]], a depoboación e pauperización do territorio era un feito. Por isto, e trala retirada dos invasores asiáticos, mandou construir unha liña de defensa consistente en fortalezas e prazas fortes, o que provocou o endebedamento do rei e a preponderancia das maiores casas nobres.
 
== Unión co sacro imperio ==
A partires do [[século XIV]], os reis foron febles para aplacar ós nobres e o reino tivo non poucos problemas para faceres fronte ó [[Imperio otomano]]. O segundo rei húngaro da cas anxevina (de Anjou) foi [[Luis I o Grande de Hungría]] ([[1342]]-[[1382]]) cuxo territorio abranguía dende o [[mar Negro]] ata o [[mar Adriático]]. A filla de Luis casa con Sexismundo, entroncando a casa real húngara coa do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] na dinastía luxemburguesa.
 
O derradeiro gran rei húngaro da [[Idade media]] foi [[Matías Corvinus]], quen descendera dunha familia nobre. Extendeu as fronteiras ó sur contra os otomanos e ó noroeste contra o imperio xermánico. Durante o renacmento o reino sofre certas revoltas por parte de nobre decontentos e de campesiños, ata que en [[1521]] ''Nándorfehérvár'' ([[Belgrado]]) cae en mans turcas, e o exército húngaro é vencido na [[batalla de Mohács]].
 
== Dominación turca ==
En [[1556]] remata a expansión turca en [[Hungría]] e o que queda do reino, en mans da [[dinastía Absburgo]] divídese. [[Transilvania]] pasa a ser un estado vasaio do Imperio otomano. [[Burgenland]], [[Eslovaquia]] e [[Transdanubia]] pasan a ser posesións dos Absburgo baixo o nome de Hungría Real. O título de rei de Hungría sería un mero formalismo nos emperadores alemáns, xa que a principal parte do reino caera en mans turcas. A poboación buscou a protección do Sultán de [[Estambul]], quen non se meteu nos asuntos internos da poboación que ficou [[calvinista]] na maioría dos casos.
 
== Dominacion austríaca ==
En [[1686]] os austríacos conquistan [[Buda]] e en [[1718]] o reino de Hungría recupera a súa independencia polo [[tratado de Karlowitz]], a capital en entón é [[Bratislava]] (hoxe capital de [[Eslovaquia]]). O [[século XVIII]] caracterizouse pola repoboación das terras devastadas e a inmigración de serbios, alemáns e austríacos.
 
== Revolución ==
En [[1848]] estala unha revolución de corte [[nacionalista]] contra o dominio austríaco, pero carece de éxito por mor das propias correntes nacionalistas revolucionarias dos pobos do reino (alemáns, serbios, croatas; polo aquel tempo as cidades de [[Buda]] e [[Pest]] eran de fala alemá). En abril de [[1849]], Hungría declara a independencia e o emperador Francisco Xosé pide axuda ó csar [[Nicolás I de Rusia]] e os exércitos rusos invaden o país. Ata [[1867]] o país queda baixo control austríaco en "resistencia pasiva". Para apacigua-lo nacionalismo húngaro e por mor de problemas similares noutras partes do imperio, o emperador chega a un acordo coa nobreza liderada por [[Ferenc Deák]], chegando ó '''Compromiso de 1867''' que é o [[Ausgleich]].
 
67.216

edicións

Menú de navegación