UEFA Europa League: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: hu:UEFA-kupa |
m bot Engadido: vec:Coppa UEFA |
||
Liña 299: | Liña 299: | ||
[[tr:UEFA Kupası]] |
[[tr:UEFA Kupası]] |
||
[[uk:Кубок УЄФА]] |
[[uk:Кубок УЄФА]] |
||
[[vec:Coppa UEFA]] |
|||
[[vi:Cúp UEFA]] |
[[vi:Cúp UEFA]] |
||
[[zh:欧洲联盟杯]] |
[[zh:欧洲联盟杯]] |
Revisión como estaba o 13 de xuño de 2008 ás 01:18
A Copa UEFA é unha competición internacional de fútbol que disputan aqueles equipos que ou ben gañan as copas das súas respectivas federacións nacionais, ou ben nas competicións oficiais de liga das súas federacións quedan en postos inmediatamente inferiores aos que dan acceso a xogar na Champions League.
Historia
A Copa UEFA foi xogada por vez primeira en 1971, sendo o Tottenham Hotspur F.C o seu primeiro gañador. De todos xeitos, o de 'un clube por cidade', herdado da Copa de Ferias, rematou en 1975; o Everton F.C. de Liverpool finalizara carto na Liga Inglesa e pudo así clasificarse, pero foron excluidos da participación porque o Liverpool F.C. tamén se clasificara por quedar segundo. O Everton apelou, dicindo que a regla era un anacronismo, e a UEFA amosouse de acordo en cambiala.
O sistema de competición consiste en enfrontamentos a dobre partido, ida e volta, entre equipos designados por sorteo. Até 1996, as finais tamén se disputaban en partidos a ida e volta, nos estadios dos dous contendentes. Dende 1997 a final se disputa a partido único, en campo neutral, e o campión obtén dende o ano 2000 o privilexio de enfrontarse ó campión da Liga de Campións na Supercopa de Europa. Até entón ese privilexio era do campión da Recopa.
Hoxe en día, os clubes teñen diferentes vías para clasificarse a esta competición, e acuden a ela máis equipos dos países con maior puntuación no Ranking da UEFA. Nestes se clasifican os equipos que quedan trálos clasificados para a Liga de Campións. Tamén se clasifican campións de Liga de países con peor posición no Ranking, os gañadores dos trofeos de Copa, equipos eliminados da Liga de Campións ou os que se clasifican mediante a Intertoto. Tamén participan equipos invitados pola UEFA por motivos como o xogo limpo.
En 2004, a UEFA introduciu unha modificación no formato da competición, añadindo unha segunda rolda previa, e transformando a segunda eliminatoria nunha fase de grupos, con oito grupos de cinco equipos cada un, que se enfrontan entre sí unha única vez (dúas veces en casa e dúas veces fora), pasando a dezaseisavos os tres primeiros clasificados de cada grupo, máis os oito terceiros da fase de grupos da Liga de Campións
Palmarés
Por equipos
Por países
País | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
España | 11 | 7 |
Inglaterra | 10 | 8 |
Italia | 10 | 8 |
Alemania | 6 | 7 |
Países Baixos | 4 | 2 |
Suecia | 2 | 0 |
Bélxica | 1 | 3 |
Hungría | 1 | 3 |
Portugal | 1 | 2 |
Serbia | 1 | 2 |
Rusia | 1 | 0 |
Turquía | 1 | 0 |
Francia | 0 | 4 |
Escocia | 0 | 2 |
Austria | 0 | 1 |